Pardela balear
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Pardela balear | |||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Estado de conservación | |||||||||||||||
| Clasificación científica | |||||||||||||||
|
|||||||||||||||
| Nome binomial | |||||||||||||||
| Puffinus mauretanicus P.R. Lowe, 1921 |
|||||||||||||||
| Sinonimia | |||||||||||||||
|
Puffinus puffinus mauretanicus |
|||||||||||||||
A pardela balear (Puffinus mauretanicus) é unha especie de pardela en grave perigo de extinción endémica das illas Baleares. Chamada Baldritja en Mallorca e Menorca e virot nas Pitiusas, foi considerada unha subespecie da Puffinus yelkouan. En 2003 estimábase que había menos de 2.000 parellas.
Os exemplares adultos miden entre 30 e 38 cm, teñen unha envergadura de 76-89 cm e pesan uns 500 g. Tralo período de cría, abandonan as illas para emigrar ao golfo de Biscaia, onde pasan o verán. Algunhas veces chegan ás costas británicas, surescandinavas e norteafricanas; tamén invernan no litoral valenciano e catalán.