Pardal das rochas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pardal das rochas
Petronia petronia Martien Brand.jpg
Estado de conservación
Risco baixo (LC)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Familia: Passeridae
Xénero: ' Petronia '
Especie: ''P. petronia''
Nome binomial
''Petronia petronia''
(Linnaeus, 1766)
Petronia petronia


O pardal das rochas (Petronia petronia) é unha especie de ave do xénero Petronia dentro da familia Passeridae.

Descrición [editar]

Parécese á femia do pardal común debido á súa apagada e pálida plumaxe. Ten unha mancha amarela na gorxa que en ocasións pasa desapercibida. En riba de cada ollo ten un risco de cor crema e outro escuro xusto en riba. O seu peteiro é grande e adaptado á súa dieta granívora.

Trátase dunha especie migratoria, a súa área de distribución exténdese por Europa, Asia e África. Habita en zonas secas de toda a península ibérica agás na franxa do Cantábrico e zonas próximas ao estreito de Xibraltar. Non aparece no leste de Canarias nin nas Illas Baleares.

Véxase tamén [editar]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría:

Ligazóns externas [editar]