Parasaurolophus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Parasaurolophus
Rango fósil: Cretácico superior
Sketch parasaurolophus.jpg
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Sauropsida
Superorde: Dinosauria
Orde: Ornithischia
Suborde: Neornithischia
Infraorde: Ornithopoda
Familia: Hadrosauridae
Xénero: ''Parasaurolophus''
Parks, 1922
Especies

P. walkeri (tipo)
P. tubicen Wiman, 1931
P. cyrtocristatus Ostrom, 1961

Parasaurolophus (do gr. para/παρα "xunto" ou "preto", saurus/σαυρος "lagarto" e lophos/λοφος "crista" significa "Próximo ao lagarto crestado") é un xénero de dinosauros ornitópodos hadrosáuridos, que viviron a finais do período Cretácico, fai aproximadamente 83 e 71 millóns de anos, no Campaniano, no que hoxe é Norteamérica. Foi un herbívoro que camiñaba tanto de xeito bípede como cuadrúpede. Parasaurolophus é un hadrosáurido, parte da diversa familia de dinosauros cretácicos coñecidos pola variedade de estraños adornos na cabeza. Este xénero en coñecido polo seu gran e elaborada crista cranial, coa forma dun tubo que se proxecta cara atrás e arriba do cranio.