Paraquat

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Paraquat
Identificadores
Número CAS 1910-42-5
PubChem 15938
ChemSpider 15146
UNII 2KZ83GSS73
ChEBI CHEBI:28786
ChEMBL CHEMBL458019
Imaxes 3D Jmol Image 1
Propiedades
Fórmula molecular C12H14Cl2N2
Masa molar 257,16 g mol−1
Aspecto pos brancos
Densidade 1,25 g/cm3
Punto de fusión 175-180 °C[1]
Punto de ebulición >300 °C[1]
Solubilidade en auga Alta
Perigosidade
MSDS Oxford MSDS
Principais perigos Tóxico

Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.
Referencias

O Paraquat é un herbicida non selectivo, de contacto, empregado para o control de plantas emerxidas, tanto de folla ancha como estreita. É absorbido polas partes verdes da planta, non sendo absorbido polas raíces nin polas cortizas maduras. Emprégase na destrución aérea de plantacións de marihuana e coca. Entre os herbicidas de uso comercial extenso, é o máis tóxico para as persoas. Frecuentemente asóciase a un emético para provocar o vómito, caso de ser inxerido por persoas ou animais.

Foi sintetizado por Weidel y Russo en 1882 e saíu o mercado por primeira vez en 1962. É un dos herbicidas máis empregados en todo o mundo, se ben o seu uso está restrinxido en varios países.

Pertence a familia química dos bipiridilos, concretamente é o dicloruro de 1,1’-dimetil-4,4’-bipiridilo. É un sólido amarelo de peso molecular 257.2, inactívase ó contacto co chan e está suxeito a fotodescomposición rápida. Produce a corrosión dos metais. É moi soluble en alcohol e practicamente insoluble nos disolventes orgánicos[2].

Este herbicida pode causala morte incluso a doses do orde de 10mg/Kg. O límite de exposición é de 0.1mg/m3. A finais da década do 1960 un programa gobernamental americano permitiu o fumigado de campos de cultivo de marihuana situados en Sudamérica con paraquat. O programa denominado "Marihuana Paraquat" deu lugar a un intenso debate (en marihuana contaminada detectouse un contido de 3 a 2,264 mg de paraquat e no fume un 0.03%)[3].

O preparado comercial Gramoxone Super contén paraquat como sal dicloruro. 276gr/L ( 200g/L de ión paraquat) e o seu uso está indicado para o control de malezas gramineas, frutais e cultivos baixos. [4]


MECANISMO DE ACCIÓN TÓXICA[editar | editar a fonte]

Existen varias teorías sobre a forma de interactuar cos organismos vivos. Unha hipótese para explicar o mecanismo de acción do paraquat, plantexa a oxidación do NADPH celular e esgotamento final do contido de NADPH das células pulmonares.

Estudos bioquímicos revelaron que as células alveolares consiguen de xeito activo o paraquat por medio dun sistema de transporte de diamina/poliamina. O paraquat sufre redución (dependente do NADPH) dun electrón, para formar un radical libre que ten a capacidade para reaccionar co osíxeno molecular, orixinando así un catión paraquat máis un osíxeno reactivo (anión superóxido). Este anión convertirase en peróxido mediante a enzima superóxido dismutasa. Estes anións atacan aos lípidos poliinsaturados presentes nas membranas celulares alterando e diminuíndo a integridade funcional da célula. Manual de toxicología clínica, prevención, diagnóstico y tratamiento de Willian O.Robertson) [5]

Estruturalmente a molécula de paraquat ten moito parecido con un receptor de membrana a nivel alveolar; debido a isto considérase que ocupa ese receptor e de ahí a especificidade por este tipo de tecido, pero en xeral, ten predilección por tecidos con maior saturación de osíxeno como o pulmón, fígado e ril. Os danos hepáticos e renais polo xeral son reversibles. (http://www.reeme.arizona.edu/materials/Paraquat.pdf)

Toxicocinética[editar | editar a fonte]

Dende o punto de vista toxicolóxico, a ruta de absorción máis importante é a dixestiva (intestino delgado), xa que é a que máis frecuentemente está involucrada en casos de intoxicación (accidental ou suicida).A absorción pola pel intacta e pola vía respiratoria é escasa. Porén, dada a súa corrosividade o paraquat pode ulcerar estes tecidos podendo incrementar a súa absorción por estas rutas.

O tóxico acumuláse no pulmón mediante un proceso dependente de enerxía, seguindo unha cinética de orde cero saturable, que pode ser bloqueado por inhibidores como o iodoacetato. Considérase que teñen probabilidade de sobrevivir os pacientes con concentracións en plasma que non excedan dos valores 2.00, 0.60, 0.30, 0.16 e 0.10 mg/L, ás 4, 6, 10, 16 e 24 horas respectivamente valores predictores de supervivencia).

No referente á biotransformación e excreción o paraquat é pouco metabolizado. A carga das moléculas, xunto á estrutura electrónica conxugada, dalle a propiedade de producir radicais libres que tamén son solubles na auga. Estes radicais libres reaccionan ávidamente co osíxeno, formando radicais iónicos de superóxido e peróxido de hidróxeno que rexeneran a molécula de bipiridilo. Excrétase como tal nos ouriños e feces (si foi inxerido). (Medical Toxicology, editor Richard C.Dart 3ª Edition( pág.1522))

Dose tóxica e letal[editar | editar a fonte]

A OMS clasifica o paraquat como “moderadamente perigoso, clase II”. Doses por riba dos 20 mg/Kg considéranse tóxicas e a dose letal mínima nos humanos é de 35-40 mg/Kg, o que corresponde a unha inxestión de 15 a 20 ml de paraquat concentrado[6][7].

Fisiopatoloxía[editar | editar a fonte]

O paraquat é extremadamente tóxico cando é inxerido. Polo seu carácter altamente corrosivo produce lesións como edema, queimaduras ou úlceras na mucosa do aparato dixestivo (boca, farinxe, esófago, estómago e intestino). (“Paraquat is highly corrosive… … is extremely toxic if ingested… death usually occurs within 48 hours of ingestión of 50 mg/Kg.”, Medical Toxicology, Editor Richard C.Dart 3ªEdition)

A elevada toxicidade do paraquat céntrase a nivel pulmonar e caracterízase pola presencia de edema en inxestións elevadas (máis de 20 mg/Kg), hemorraxia e fibrose intersticial e intraalveolar difusa, que comeza normalmente de 2 a 14 días trala intoxicación. En xeral, a toxicidade pulmonar producida polo paraquat pódese describir en dúas fases. Na primeira fase destrúense as células epiteliais alveolares (alveolite con elevada destrución pulmonar)e na segunda fase prodúcese fibrose intra e interalveolar, de xeito que a arquitectura normal alveolar será substituída por tecido fibroso. Como consecuencia disto impídese de xeito severo o intercambio gasoso, coa conseguinte hipoxia e morte. Medical Toxicology, Editor Richard C.Dart 3ª Edition)

Os achádegos patolóxicos nos casos de morte por paraquat inclúen ademais de danos pulmonares, graves lesións que afectan o ril, medula suprarrenal, corazón, SNC, fígado e páncreas. Manual de toxicología clínica- prevención, diagnóstico y tratamiento. Rober H. Dreisbach, William O.Robertson)

MANIFESTACIÓNS CLÍNICAS[editar | editar a fonte]

A severidade dos síntomas e signos da intoxicación por paraquat dependen tanto da dose como do tipo de exposición.

A exposición tópica adoita causar danos nas unllas, pel, ollos e nariz, debido á exposición a disolucións extremadamente concentradas do ión paraquat. Os síntomas habituais tras este tipo de exposición son sequidade, eritema, formación de ampolas, irritación e ulceración da pel. A acción irritante do paraquat ten lugar en diversos tipos de tecido epitelial: no caso de exposición ocular é frecuente observar inflamación e ulceración da córnea e a conxuntiva, que evoluciona gradualmente acadando o dano máximo entre 12 e 24 horas trala exposición. Pode provocar estenose do conduto lacrimal e miose. Medical Toxicology , editor Richard C.Dart 3ª Edition)

As manifestacións derivadas dos efectos sistémicos do herbicida pódense describir en tres estados en función da gravidade da intoxicación (directamente relacionada coa dose):

1) En intoxicacións leves (dose menor de 20 mg/Kg de paraquat) os pacientes poden ser incluso asintomáticos, aínda que a maioría experimentan vómitos e diarrea. A recuperación dos danos adoita ser completa nuns poucos días. 2) En intoxicacións moderadas (doses de 20 a 40 mg/Kg), ós vómitos e á diarrea séguenlle síntomas de toxicidade sistémica xeneralizada, entre os que se atopan sempre presentes fibrose pulmonar progresiva e fallo renal e hepático. A maioría dos pacientes morre, aínda que a morte pódese atrasar de 2 a 4 semanas trala exposición. 3) As intoxicacións graves (dose maior de 40-50 mg/Kg, uns 15mL de Gramoxone) son mortais no 100% dos pacientes, normalmente dentro das 72 horas seguintes á inxestión. Ademais dos síntomas anteriores, amósase ulceración orofarínxea e esofáxica, seguido dun fallo multiorgánico (cardíaco, respiratorio, hepático, renal, adrenal, pancreático e do SNC). A principal causa da morte é o colapso cardiovascular, que se caracteriza por arritmias ventriculares, hipotensión e parada cardiorrespiratoria. Os síntomas iniciais inclúen ardor da boca, da gorxa, do peito e do abdome. Pódese presentar tamén dor de cabeza, vertixes, mialxia, diarrea hemorráxica, e unha análise de ouriños pode amosar proteinuria e hematuria, que pode ser debido ó desenvolvemento dunha necrose tubular aguda. Medical Toxicology, editor Richard C.Dart 3ª Edition) TOXICOLOGIA INDUSTRIAL E INTOXICACIONES PROFESIONALES de LAUWERYS, ROBERT R. MASSON SA. Año de edición:1994 Plaza edición: BARCELONA pg 514. Herbicides and fungicides. Craig SA. En: Emergency Toxicology. Ed PViccellio , T.Bania . Lippincott-Raven Publishers. Filadelfia. (1998) pg 416

PROBAS DIAGNÓSTICAS[editar | editar a fonte]

O diagnóstico basease na historia clínica, cos antecedentes da exposición e os achados clínicos característicos.[ Herbicides and fungicides. Craig SA. En: Emergency Toxicology. Ed PViccellio , T.Bania . Lippincott-Raven Publishers. Iladelfia. (1998) pg 416] Aos pacientes expostos ó paraquat débeselles realizar unha avaliación completa, incluíndo enzimas hepáticas (AST, alanina aminotransferasa, gamma glutamina transpeptidasa e lactato deshidroxenasa), electrolitos, glicosa, nitróxeno úrico no sangue, creatinina, aldolasa sérica, análise completo de células sanguíneas, gases en sangue arterial, radiografía pulmonar e urianálise. Aos pacientes expostos cronicamente requíreselles un perfil tiroideo, vitamina B12 e folato para avaliar as diferenzas fronte a outras enfermidades de orixe neurolóxico. Medical Toxicology, editor Richard C.Dart 3ª Edition) O diagnóstico pode ser rápidamente confirmado mediante o test do Ditionito en ouriños: Engadindo 2 mL de ditionito sódico o 1% a 10 ml de ouriños, a aparición da cor azul confirma a presenza do herbicida. [Herbicides and fungicides. Preestablecer o prognóstico, son precisas técnicas analíticas máis precisas, que permitan cuantifican o paraquat no sangue e ouriños. [Herbicides and fungicides. Craig SA. En: Emergency Toxicology. Ed PViccellio , T.Bania . Lippincott-Raven Publishers. Filadelfia. (1998) pg 416]. Taxas de excreción urinaria de paraquat maiores de 1mg/h ou concentracións plasmáticas de paraquat maior de 0.1 µg/ml son indicativas dunha intoxicación grave. O paraquat pode seguir aparecendo nos ouriños ata máis dun mes despois da intoxicación. O gradiente de O2 alveolar/arterial está notablemente aumentado. Un aumento do nitróxeno ureico en sangue, de fosfatasa alcalina sérica e de bilirrubina sérica tamén indican a gravidade do dano hepático e renal. Manual de toxicología clínica- prevención, diagnóstico y tratamiento, Rober H. Dreisbach y William O.Robertson)

TRATAMENTO[editar | editar a fonte]

O tratamento débese iniciar á maior brevidade posible despois da inxestión de paraquat, e débese centrar en deter a absorción gastrointestinal e favorecer a eliminación renal das toxinas. Pódese considerar a realización un lavado gástrico en caso de transcorrer menos dunha hora dende a intoxicación. O lavado gástrico débese realizar con carbón activado con volumes repetidos de 200 ml ó 1% de solución de bentonita ou con 200 ml de suspensión ao 30% de terra de Fuller en auga. A eliminación renal débese estimular mediante a administración precoz de líquidos por vía intravenosa, os que se poden engadir diuréticos (manitol, furosemida). Débese evitar a oxixenoterapia xa que parece que incrementa a fibrose pulmonar. Non hai antídoto para este tóxico. [Herbicides and fungicides. Craig SA. En: Emergency Toxicology. Ed PViccellio , T.Bania . Lippincott-Raven Publishers. Filadelfia. (1998) pg 417]

PROGNÓSTICO[editar | editar a fonte]

A enfermidade pulmonar por paraquat caracterízase por fibrose intersticial e intraalveolar difusa progresiva, producindo a morte ata 3 semanas despois da intoxicación. (Manual de toxicología clínica- prevención, diagnóstico y tratamiento, Rober H. Dreisbach y William O.Robertson(pág.127)/ Casarett & Daull Manual de toxicología, Curtis D.Klaassen y John B.Watkius III (pág.417))

En 1979 Proudfoot e colaboradores encontraron que os valores plasmáticos de paraquat poderían ser de utilidade para avaliar a severidade da intoxicación e predicir o seu curso[Proudfoot AT, Stewart MS, Levitt T, Widdop B. Paraquat poisoning: significance of plasma-paraquat concentrations.Lancet. 1979 Aug 18;2(8138):330-2.]. Así pacientes con niveis plasmáticos menores a 2.0, 0.6, 0.3, 0.16 e 0.1 mg/L as 4, 6, 10, 16 e 24 horas tiñan mais probabilidades de sobrevivir a intoxicación. [Herbicides and fungicides. Craig SA. En: Emergency Toxicology. Ed PViccellio , T.Bania . Lippincott-Raven Publishers. Filadelfia. (1998) pg 416]A curva de Proudfoot foi posteriormente mellorada e ampliada polos estudos de Hart*e cols. [Hart TB, Nevitt A, Whitehead A.A new statistical approach to the prognostic significance of plasma paraquat concentrations. Lancet. 1984. 24;2(8413):1222-3.]

NOTAS[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Paraquat dichloride". International Programme on Chemical Safety. October 2001. http://www.inchem.org/documents/icsc/icsc/eics0005.htm. 
  2. {Medical Toxicology, editor Richard C.Dart 3ª Edition)
  3. Manual de toxicología clínica- prevención, diagnóstico y tratamiento, Rober H. Dreisbach y William O.Robertson
  4. http://www.syngenta.cl/prodyserv/fitosanitarios/prod/etiquetas_fitosanitarios/Productos_Fitosanitarios/GramoxoneSuper.pdf
  5. Sánchez, I.and López-Rivadulla, M.;The toxicology of paraquat and diquat.A review. Recents Resarch Devel. Drug Metabol.Disposition (2002) 1 275-313
  6. Medical Toxicology, editor Richard C.Dart 3ª Edition.
  7. Toxicología industrial e intoxicaciones profesionales de Lauweys, Robert R. Masson, 1994.