Paranoid Park (filme)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Paranoid Park
Ficha técnica
Título orixinalParanoid Park
DirectorGus Van Sant
ProdutorMartin Karmitz
Nathaniel Karmitz
GuiónGus Van Sant
Novela:
Blake Nelson
IntérpretesGabe Nevins
Dan Liu
Jake Miller
Taylor Momsen
Lauren McKinney
Scott Green
MúsicaLudwig Van Beethoven
Nino Rota
Elliott Smith
FotografíaChristopher Doyle
Kathy Li
Estrea2007
Duración85 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroDrama
Na rede
http://www.paranoidpark.co.uk/
IMDB: tt0842929 Filmaffinity: 616674 Allocine: 118917 Rottentomatoes: m/paranoid_park Mojo: paranoidpark Allmovie: v379148 TCM: 658591 Metacritic: movie/paranoidpark TV.com: movies/paranoid-park Netlix: 70071612Editar o valor em Wikidata

Paranoid Park é un filme dirixido en 2007 polo estadounidense Gus Van Sant, e onde continúa a súa traxectoria de exploración da conduta e personalidade dos adolescentes que xa visitara en filmes anteriores.

Argumento[editar | editar a fonte]

Construída con diversos flashbacks e con pedazos soltos da trama, a historia narra a vida de Alex, un adolescente branco tímido e retraído que ten paixón polo skateboard. Vai a miúdo practicar este deporte ao Paranoid Park, unha pista de ramplas construída baixo unha ponte dunha gran cidade estadounidense. Unha noite coincide alí cun mozo, e por casualidade acaba coándose con el nun tren de mercadorías. Un garda de seguridade decátase diso e cando os acosa, Alex empurra o garda co seu skate, co que cae noutra vía e atropélao outro tren.

A investigación policial chega ao instituto de Alex, pero o mozo consegue desfacerse de todas as probas e nunca é considerado un sospeitoso.

Premios[editar | editar a fonte]

Estreouse no festival de Cannes de 2007, onde obtivo un premio extraordinario do sesenta aniversario do certame.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]