Paraguai

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Paraguay»)
Modelo:Xeografía políticaParaguai
República del Paraguay (es)
Tetã Paraguái (gn) Editar o valor em Wikidata

HimnoParaguayos, República o Muerte (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Lema«Paz y justicia»
«Peace and justice»
«Мир и справедливост» Editar o valor em Wikidata
Nomeado en referencia aRío Paraguai Editar o valor em Wikidata
Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 23°30′S 58°00′O / -23.5, -58Coordenadas: 23°30′S 58°00′O / -23.5, -58
CapitalAsunción Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación6.811.297 (2017) Editar o valor em Wikidata (16,75 hab./km²)
Lingua oficiallingua castelá
lingua guaraní Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie406.756 km² Editar o valor em Wikidata
Punto máis altoCerro Peró (pt) Traducir (842 m) Editar o valor em Wikidata
Punto máis baixoRío Paraguai (46 m) Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Creación1811 Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Presidente Editar o valor em WikidataSantiago Peña (pt) Traducir (2023–) Editar o valor em Wikidata
• Presidente Editar o valor em WikidataSantiago Peña (pt) Traducir (2023–) Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativoCongresso do Paraguai (pt) Traducir , Editar o valor em Wikidata
Membro de
PIB nominal39.950.899.733 $ (2021) Editar o valor em Wikidata
MoedaGuaraní Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.py Editar o valor em Wikidata
Prefixo telefónico+595 Editar o valor em Wikidata
Teléfono de emerxencia911 Editar o valor em Wikidata
Código de paísPY Editar o valor em Wikidata

Sitio webparaguay.gov.py Editar o valor em Wikidata

Paraguai[1] (en guaraní: Paraguái), oficialmente a República de Paraguai (en castelán: República del Paraguay; en guaraní: Paraguái Tavakuairetã) é un país do centro da América do Sur, limitado ó norte e oeste por Bolivia, ó norte e leste polo Brasil e ó sur e oeste pola Arxentina. A súa capital é a cidade de Asunción. O Paraguai é un dos dous países da América do Sur que non posúe unha saída para o mar, sendo o outro Bolivia. Por mor da súa localización central en América do Sur, tamén é coñecido como o Corazón de Suramérica.[2]

Historia[editar | editar a fonte]

Os primeiros colonos españois chegaron a Paraguai no comezo do século XVI. A cidade de Asunción, fundada o 15 de agosto de 1537, logo se tornou o centro dunha provincia nas colonias españolas na América do Sur.

O 15 de maio de 1811, Paraguai declarou a súa independencia. Cun rápido crecemento económico e militar nos anos que proseguiron á independencia, Paraguai tornouse un país auto-suficiente, e unha potencia rexional no continente.

A Guerra da Tripla Alianza, entre 1865 a 1870, composta pola Arxentina, o Brasil e o Uruguai, apoiados economicamente polo Reino Unido. Esta guerra foi motivada principalmente pola ambición paraguaia dunha saída para o mar, que no final acabou custando non soamente todo o crecemento entón alcanzado, senón tamén a morte de dous terzos da poboación do sexo masculino e perda de territorios, en gran parte, para a Arxentina. A economía paraguaia ficaría estancada os seguintes 50 anos.

Tropas bolivianas invadiron Paraguai en 1932, desencadeando a Guerra do Chaco, (1932-1935), e culminando con vitoria paraguaia e a anexión do Chaco ao país.

Desde 1989, cando o réxime militar de máis de 35 anos de Alfredo Stroessner rematou, o Paraguai foi gobernado por presidentes electos democraticamente. Os maiores desafíos de Paraguai desde entón foron a crecente inestabilidade política e a corrupción en alza.

Política[editar | editar a fonte]

En 1992, foi publicada oficialmente unha nova constitución, en vigor ata hoxe, que substituíu a antiga constitución de 1967. De acordo coa actual constitución paraguaia, o sistema de goberno é a democracia representativa. O poder executivo é exercido polo Presidente e polo vice-presidente, que son escollidos polo pobo a través de voto directo, para un mandato de cinco anos consecutivos, sen dereito á reelección, isto é, o xefe de Estado e de goberno non debe ser electo dúas veces, e gobernan baixo asesoría do Consello de Ministros. O presidente participa da aprobación da lexislación e ordena a súa publicación, podendo negar leis orixinadas no lexislativo.

O poder lexislativo é bicameral, formado polas dúas casas do Congreso, ou sexa, pola Cámara dos Deputados, de 80 membros, e polo Senado, de 45 membros, escollidos en ambos os casos para un mandato de cinco anos, por voto popular. O voto é imposto por lei para todos os electores a partir dos 18 anos.

A Corte Suprema de Xustiza é a instancia máxima do poder xudiciario, composta de nove membros nomeados polo presidente, e ten o poder de declarar a inconstitucionalidade de leis.

O principais partidos políticos son o Colorado (Asociación Nacional Republicana), o Liberal Radical Auténtico e Encuentro Nacional. O Paraguai está dividido en 18 departamentos incluíndose a capital, Asunción. Cada departamento ten como xefe de goberno un gobernador electo.

Subdivisións[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Subdivisións de Paraguai.

O Paraguai está dividido en 17 departamentos. Cada departamento divídese en distritos. Os distritos subdivídense en partidos e os partidos en compañías. Asunción, a capital, forma un distrito federal.


Xeografía[editar | editar a fonte]

O río Paraguai parte en dous a Paraguai.

O río Paraguai divide Paraguai en dúas rexións: ao oeste a rexión Occidental ou Chaco e ao leste a rexión Oriental.

A Rexión Oriental abrangue o 39% do territorio total e posúe o 97,3% da poboación. Ten máis de 800 ríos e regatos e o 95% das súas terras son cultivables. Nesta rexión están as principais institucións da República e os patrimonios históricos e culturais máis importantes. Ten 14 Departamentos. Nesta rexión a temperatura media anual é de 24 °C. O punto máis alto é o cerro Tres Kandú con 842 m. Está moi afectada pola deforestación, xa que en 1945 o 55% da súa superficie encontrábase cuberta por bosques, e no 2004, só o 6% se atopaba cuberto por bosques.

A Rexión Occidental ou Chaco ten o 61% do territorio da República e posúe pouco máis do 2% da poboación total. O seu territorio está formado por un fondo mariño que emerxeu na era cuaternaria. Esta rexión posúe terras secas e arxilosas, poboada de extensas matogueiras e palmares, esteros, lagos e regatos. Ten tres Departamentos e a súa produción económica baséase nos cultivos e a gandería. A súa temperatura media anual é de 31 °C. O punto máis alto do Chaco é o Cerro León con 604 m. Segundo datos da SEAM, Secretaría do Medio Ambiente de Paraguai, o 65% desta rexión atópase cuberta por bosques.

Economía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Economía de Paraguai.

Demografía[editar | editar a fonte]

A maioría da poboación de Paraguai é de mestizos de colonizadores hispánicos con nativos. Hai poboación branca de orixe predominantemente española. Ata hoxe a maior parte da poboación fala o guaraní, ademais da lingua española.

Principais cidades[editar | editar a fonte]

Cultura[editar | editar a fonte]

Festivos[editar | editar a fonte]

Data Nome en galego Nome local (en español) Observacións
1 de xaneiro Ano Novo Año Nuevo
6 de xaneiro Día dos Reis Día de los Reyes
3 de febreiro Día do Patrono de Paraguai Día del Patrono del Paraguay
1 de marzo Día dos Heroes Día de los Héroes
(varía) Xoves e Venres Santo Jueves y Viernes Santo
1 de maio Día dos Traballadores Día de los Trabajadores
15 de maio Día da Independencia Día de la Independencia
12 de xuño Día da Paz no Chaco Día de la Paz del Chaco
14 de agosto Día da bandeira Día de la Bandera
15 de agosto Fundación de Asunción Día de la Fundación de Asunción Aniversario da capital nacional
16 de agosto Día dos Nenos Día de los Niños Os nenos fican na casa
29 de setembro Día da Batalla de Boquerón Día de la Batalla de Boquerón
8 de decembro Día da Virxe de Caacupé Día de la Virgen de Caacupé
25 de decembro Nadal Navidad

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para paraguaio.
  2. "En el corazón de Sudamérica". ABC. Consultado o 12 de decembro de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]