Paragoxe
A paragoxe refírese ao fenómeno fonolóxico consistente na adición dun fonema ou son na posición final dunha palabra ou secuencia fónica. Este fenómeno, tamén chamado epítese, pode darse ó longo da historia da lingua ou sincronicamente en diferentes variedades diatópicas.
O caso da adición dun "e paragóxico" é habitual no galego coloquial (e con máis liberdade aínda nas cancións tradicionais, para forzar a pronuncia paroxítona ou grave de xeito que a sílaba tónica sexa a penúltima) para verbos en infinitivo ou verbas rematadas en "-n" (caso no que se transforma de nasal alveolar a nasal velar), debido a que o galego foxe das sílabas trabadas polo seu pouco rendemento fonolóxico.
Exemplos [editar]
Exemplos de paragoxe son *traballare, *comere, *falare, *mare, *corazonhe e moitos outros.
- A raíz do toxo verde
- é moi mala de arrincare.
- Os amorciños primeiros
- son moi malos de olvidare.
- Cal das ondiñas do mare
- morren bicando na area,
- así, amantiña, contigo,
- así finarme eu quixera.
| Metaplasmo |
| aumento: prótese - epéntese - anaptixe - paragoxe |
| acurtamento ou elisión: aférese - síncope - apócope |
| transposición: metátese |
| amálgama: contracción - sinérese - haploloxía - sandhi - sandhi tonal |