Paréceme que sei o que berrastes o último venres 13
| Paréceme que sei o que berrastes o último venres 13 | |
|---|---|
| Título orixinal | Shriek If You Know What I Did Last Friday the Thirteenth |
| [[Ficheiro:|200px| ]] |
|
| Ficha técnica | |
| Director | John Blanchard |
| Produtor | Doug Blake Harold Bronson Kai Ephron |
| Guión | Sue Bailey Joe Nelms |
| Baseado en | |
| Intérpretes | Tiffani-Amber Thiessen Tom Arnold Coolio Julie Benz Harley Cross Majandra Delfino Simon Rex Danny Strong |
| Música | Tyler Bates |
| Fotografía | David Miller |
| Montaxe | Richard LaBrie |
| Estudio | Rhino Films |
| Distribuidor | Lions Gate Films |
| Ano | |
| Duración | 86 minutos |
| País | |
| Xénero | Comedia |
| Orzamento | $5.000.000 |
| Filme anterior | |
| Filme seguinte | |
| Ficha en IMDb | |
Paréceme que sei o que berrastes o último venres 13 (en inglés Shriek If You Know What I Did Last Friday the Thirteenth) é un filme estadounidense de comedia dirixido por John Blanchard. Numerosos filmes de terror adolescente de mediados dos 1990s son parodiados, como os filmes Scream (1996), Friday the 13th (1980), Halloween (1978), A Nightmare on Elm Street (1984), e I Know What You Did Last Summer (1997).
Estreouse en galego na TVG o 25 de maio de 2008.[1]
Índice |
Argumento [editar]
En tódolos filmes de medo sempre hai un teléfono a piques de soar, un asasino agardando, e a única clave para sobrevivir é manterse afastado do asasino, aínda que sexa un incompetente. Agora, unha sexy reporteira e o seu equipo están investigando xunto cun policía local os asasinatos do grupo "guay" do Instituto Bulimia.
Personaxes [editar]
- Julie Benz como Barbara Primesuspekt: A estereotipada loira parva.
- Harley Cross como Dawson Deary: O rapaz novo e o heroe do filme.
- Majandra Delfino como Martina Martinez: A rapaza punk que se asemella a Maria DeLuca.
- Simon Rex como Slab O'Beef: O idiota do grupo.
- Danny Strong como Bonner "Boner": Un tipo constantemente obsesionado con perder a virxindade.
- Coolio como o Director ou como ou O administrador antes coñecido como Director: El é un referencia ó artista Prince.
- Aimee Graham como Screw Frombehind: A moza máis popular do instituto. É a primeira en ser asasinada durante os catro primeiros minutos do filme.
- Tiffani Thiessen como Hagitha 'Hag' Utslay: Unha reporteira de televisión da canle "EmpTV".
- Tom Arnold como Harding.
- Shirley Jones como a enfermeira Kevorkian.
- Rose Marie como Mrs. Tingle.
- David Herman como Mr. Lowelle.
- Steven Anthony Lawrence como Chuckie, do filme Child's Play
Notas [editar]
- ↑ "Paréceme que sei o que berrastes o último venres 13 na TVG". Diario Siglo XXI. 25 de maio de 2008. http://www.diariosigloxxi.com/texto-ep/mostrar/20080523200141. Consultado o 19 de abril de 2013.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Ficha en Filmaffinity (en castelán)
- Ficha na IMDb (en inglés)