Papuxa paporrubia
| Papuxa paporrubia | ||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Estado de conservación | ||||||||||||
|
||||||||||||
| Clasificación científica | ||||||||||||
|
||||||||||||
| Nome científico | ||||||||||||
| Sylvia cantillans | ||||||||||||
A Papuxa paporrubia (Sylvia cantillans) é un paxaro pequeno da familia das papuxas (Sylviidae) que cría no extremo sur de Europa e no norte de África.
Índice |
Descrición [editar]
Son paxaros duns 12,5 cm de lonxitude. A plumaxe é distinta entre machos e femias. Nos machos o lombo e a cabeza son gris azulados, as alas e a cola de cor gris pardo, a barbadela, a gorxa e o peito son de cor avermellado. Ten un "bigote" branco. O ventre e os lados son brancos. A femia ten a cabeza máis gris, e acastañada por riba e abrancazada por debaixo. Ten un anel branco ó redor dos ollos, mentres que o macho o ten vermello.
Distribución e hábitat [editar]
Está presente como ave reprodutora nas áreas máis ó sur de Europa e no noroeste de África. Nos últimos tempos aparece cada vez con máis frecuencia como visitante en zonas centroeuropeas. É unha ave migratoria, que pasa os invernos ó longo da fronteira sur do deserto do Sahara.
Vive preferentemente en ladeiras soleadas de outeiros con vexetación de tipo mediterráneo, espiñosa e mesta Comparte este biotopo con especies da mesma familia.
Reprodución [editar]
Crían entre abril e os primeiros días de xuño. Fan os niños entre o mato mesto, preto do chan. Constrúenos con pallas e cascas de romeu ou doutras plantas. As paredes exteriores cóbrenas con teas de araña. Poñen no fondo un forro de pelos de animais e peluxe de orixe vexetal . A posta componse de 3 ou 4 ovos averdesados con pencas mais escuras, que miden uns 16,5 x 12,9 mm. e pesan 1,42 g. .
Ámbolos dous pais chocan os ovos de 11 a 13 días, aínda que é a femia a que pasa máis tempo incubando. Os pitos nacen sen plumas e teñen a boca vermella coa beira amarela. Os dous proxenitores encárganse da alimentación.. A femia protexe os polos do mal tempo e do sol abrindo as alas por riba deles. Pasan no niño 11 ou 12 días. Se a mai comeza unha segunda posta, o macho sigue alimentando só ós fillos.
Alimentación [editar]
É insectívora, pero come tamén baias.
Taxonomía [editar]
Parece estar relacionada coa papuxa de Sardeña (Sylvia melanocephala). Nas dúas especies os machos teñen bigotes brancos a parte superior da cabeza escura e aneis vermellos ó redor dos ollos.
Ten varias subespecies, se cadra diferenciadas dabondo para ser consideradas especies separadas. Todas teñen plumaxe diferente, cantos diferentes e son alopátricas:
- Sylvia cantillans cantillans, que cría na Italia peninsular e do noroeste, en Sicilia, sur de Francia e Península Ibérica.
- Sylvia cantillans inornata, cría no noroeste de África.
- Sylvia cantillans albistriata, cría dende o nordeste de Italia e cara ó sueste ata ó sur de Turquía.
- Sylvia cantillans moltonii, endémica de Córsega, Sardeña e illas Baleares.
Notas [editar]
- Helbig, A. J. (2001): Phylogeny and biogeography of the genus Sylvia. In: Shirihai, Hadoram: Sylvia warblers: 24-25. Princeton University Press, Princeton, N.J.
- Jønsson, Knud A. & Fjeldså, Jon (2006): A phylogenetic supertree of oscine passerine birds (Aves: Passeri). 149–186.
Onomástica noutras linguas [editar]
- Alemán: Weißbartgrasmücke
- Búlgaro: Chervenoguxo koprivarche (Червеногушо коприварче)
- Español: Curruca carrasqueña
- Finlandés: Rusorintakerttu
- Francés: Fauvette passerinette
- Inglés: Subalpine Warbler
- Noruego: Rødstrupesanger