Papuxa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Papuxa (xénero Sylvia)
Varias especies do xénero Sylvia.
Varias especies do xénero Sylvia.
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Familia: Sylviidae
Xénero: ''Sylvia''
Scopoli, 1769
Especies
24 especies

As papuxas (Sylvia) son un xénero de aves paseriformes da familia Sylviidae, onde se clasifican 24 especies de paxaros. Este grupo localízase en Europa, Sur e Sueste Asiático, África e Arabia.

Son aves de pequena porte, plumaxe discreta e pouco rechamante, canto melodioso e prolongado, moi activas, móvense constantemente en busca de insectos dos que se alimentan. Habitan zonas de bosques frondosos e claros, campos agrícolas e áreas urbanas. A maioría das especies presentan dimorfismo sexual e os machos distínguense, habitualmente, por manchas, riscos ou coroas na cabeza.

As especies que aniñan en climas tépedos son migratorias.

En Galicia[editar | editar a fonte]

En Galicia existen 6 especies de papuxas (Sylvia), delas, 3 pódense atopar en Galicia durante todo o ano e 3 son estivais.[1]

Sylvia
Especie
Autoridade, ano
Nome vulgar
EC
Distribución
Imaxe
Poboación
Sylvia undata
Lacépède, 1804
Papuxa montesa
LC
Ampla dist GZ.svg Currucarabilarga.JPG aprox. 138.000 pp.[2]
Sylvia cantillans
Lacépède, 1804
Papuxa paporrubia
LC
Dist Papuxa paporrubia GZ.svg Sylvia cantillans1.jpg
Sylvia melanocephala
Lesson, 1828
Papuxa cabecinegra
VU
Dist Papuxa cabecinegra GZ.svg Sardinian Warbler.jpg
Sylvia communis
Lacépède, 1804
Papuxa común
LC
Dist Papuxa común GZ.svg Sylviacommunis 9844.JPG aprox. 236.000 pp.[2]
Sylvia borin
Lacépède, 1804
Papuxa apardaza
VU
Dist Papuxa apardazada GZ.svg Sylvia borin NRM.jpg
Sylvia atricapilla
Lesson, 1828
Papuxa das amoras
LC
Ampla dist GZ.svg Sylvia atricapilla male 2.jpg aprox. 563.800 pp.[2]

Especies[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Xosé Manuel Penas Patiño & Carlos Pedreira López & Calros Silvar (2005). Guía das aves de Galicia. Baía Edicións.. ISBN 84-87674-06-2. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Aves común reprodutoras en España

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Papuxa