Paparazzi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os paparazzi son fotógrafos que teñen especial interese en furgar na vida privada da xente famosa.

Paparazzo usando un super-teleobxectivo

Orixe do termo[editar | editar a fonte]

A palabra ten a súa orixe no filme de Federico Fellini La dolce vita (1960), na que o heroe, Marcello, interpretado por Marcello Mastroianni, está acompañado a miúdo por un fotógrafo novo chamado Paparazzo. En italiano, « Paparazzi » é o plural de paparazzo . Nunha entrevista concedida ao semanario Oggi despois da estrea de La dolce vita, Giulietta Masina, muller de Federico Fellini, afirmou que ela lle suxerira ese nome, composto a partir de «pappataci» (« pequenos mosquitos ») e « ragazzi » (« rapaces, mozos »).

En galego e castelán, a palabra máis usada coloquialmente, é "paparazzi" (un), os paparazzis (plural), aínda que segundo o dicionario galego, a palabra admitida é paparazzo (o singular italiano).

Forma de actuar[editar | editar a fonte]

Os "paparazzi" rivalizan xeralmente entre eles en canto a astucia e ousadía para conseguir obter algunhas fotos dunha personalidade ou persoa famosa. Utilizan cámaras fotográficas de alta calidade combinadas con super-teleobxectivos (podendo ter ata 1200 mm de distancia focal). Ese material permítelles sacar fotos de boa calidade a gran distancia (ata un quilómetro).