Papaio
O papaio (Carica papaya) é unha planta da familia Caricaceae, de orixe americana, coñecida e empregada en todo o continente dende fai varios seculos, aínda que hoxe en día cultívase en moitos países doutros continentes, principalmente, en Asia e África. En México o seu froito, a papaia, era especialmente apreciado na época dos aztecas, en nahualt coñécese como chichihualtzapotl, que significa "zapote nodriza", e era un froito especialmente relacionado coa fertilidade.
Descrición[editar]
A planta posúe un tronco sen ponlas (a pesar do que podería inferirse da imaxe incluida na clasificación científica), dunha altura entre 1,8 e 6 m, coronado por follaxe en forma palmada, provisto de longos pecíolos. Conserva, aínda nos especimes maduros, unha textura suculenta e turxescente, escasamente leñuda; e presenta numerosas cicatrices características, produto do medre e caída consecutivas da ramallada superior. A seiva é de consistencia leñuda, e tóxica en estado natural para o ser humano, pode producir irritacións alérxicas co contacto coa pel . Esta seiva leitosa contén unha enzima moi útil, a papaína, empregada como abrandador de carnes: nas grellas ou barbacoas emprégase o zume que xorre o cortar a cortiza da leitosa verde para esparexelo sobre a carne, deixándoa sumamente tenra e zumenta.
As follas de tipo palmadas posúen longos pedúnculos e lóbulos, medindo as follas ata 24 cm de diámetro e os talos arredor de 61 cm de longo.