Panzer I

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Panzer I
SdKfz101.jpg
Tipo carro de combate lixeiro
Orixe Alemaña Flag of German Reich (1935–1945).svg
Servizo 1934 - 1954
Usado por Alemaña Nazi, Bulgaria, República de China, Hungría, España
Guerras Guerra Civil Española, Segunda Guerra Mundial, Segunda Guerra Sino-Xaponesa
Deseñado 1934
Fabricante Henschel, MAN, Krupp, Daimler
Producido 1934 - 1937
Construídos 1.493

O Panzer I foi un carro de combate lixeiro producido en Alemaña nos anos 30. O nome procede de Panzerkampfwagen I (que significa vehículo blindado de combate), abreviado como PzKpfw I. A designación oficial dentro do exército era SdKfz 101 (vehículo de propósitos especiais 101).

O deseño do Panzer I comezou en 1932, e a produción en masa en 1934. Pretendía ser só un carro de combate de adestrament para introducir o conceto da guerra blindada no exercito alemán, e combatíu en España na Guerra Civil Española, en Polonia, Francia, a Unión Soviética e o norte de África durante a Segunda Guerra Mundial, e en China durante a Segunda Guerra Sino-Xaponesa. A experiencia co Panzer I durante a Guerra Civil Española axudou a formar os corpos acoirazados alemáns que invadiron Polonia en 1939 e Francia en 1940. Cara 1941, o deseño do chasis do Panzer I foi usado para a produción de cazacarros e canóns de asalto. Houbo intentos de mellorar o Panzer I ao longo da súa historia de servizo, realizados tamén por países estranxeiros, para ampliar a vida útil do deseño. O carro de combate continuou servindo nas forzas armadas españolas ata 1954.

O comportamento en combate do Panzer I estivo limitado pola súa delgada blindaxe e o seu armamento lixeiro formado por dúas metralladoras multipropósito. Como un deseño destinado o adestramento, o Panzer I non foi tan capaz como outros carros lixeiros da época, como o soviético T-26. Aínda que era débil en combate, era unha parte importante en número da forza de tanques alemá e foi usado en todas as grandes campañas entre setembro de 1939 e decembro de 1941. O pequeno e vulnerable carro de combate sería superado en importancia por carros alemáns máis coñecidos como o Panzer IV, o Panther e o Tiger. Porén, a contribución do Panzer I ás primeiras vitorias da Alemaña Nazi durante a Segunda Guerra Mundial foi significativa.

Desenvolvemento[editar | editar a fonte]

O Tratado de Versalles de 1919 prohibíu o deseño, fabricación e despregue de carros de combate dentro do Reichswehr. O párágrafo 24 do tratado prevía unha multa de 100.000 marcos e prisión de ata seis meses para calquera que "[fabricase] vehículos blindados, carros de combate ou máquinas semellantes, que puidesen ser convertidos a uso militar"[1].

A pesar das limitacións de man de obra e técnicas impostas ao exército alemán polo Tratado de Versalles, varios oficiais do Reichswehr estableceron un Estado Maior clandestino para estuudar a Primeira Guerra Mundial e desenvolver futuras estratexias e tácticas. Aínda que ao principio o conceto de carro de combate como arma de guerra móbil foi acollido con apatía, a industria alemá animouse en silecio a estudar o deseño destes vehículos, mentres levouse a cabo a cooperación silenciosa coa Unión Soviética[2]. Houbo tamén cooperación militar a pequena escala con Suecia, como a extración de datos técnicos que resultaron moi valiosos nos primeiros deseños de carros alemáns[3]. Xa a comezos de 1926 varias compañías alemás, como Rheinmetall e Daimler-Benz, fabricaran un prototipo armado cun gran canón de 75mm (chamado Großtraktor, "gran tractor", para agochar o verdadeiro propósito do mesmo)[4]. Só dous anos despois as compañías alemás fabricaron prototipos do novo Leichttraktor ("tractor lixeiro"), armado con canóns de 37mm KwK L/45[5]. O Großtraktor foi posteriormente posto en servizo durante un breve período de tempo coa División Panzer 1; o Leichttraktor estivo a proba ata o ano 1935[4].

Nos últimos anos 20 e primeiros 30 a teoría dos carros alemáns foi iniciada por dúas figuras: o xeneral Oswald Lutz e o seu xefe de gabinete, o tenente coronel Heinz Guderian. Guderian converteuse no máis influínte dos dous, e as súa ideas foron amplamente publicitadas. Ao igual que o seu contemporáneo Sir Percy Hobart, Guderian inicialmente concebíu uns corpos blindados (panzerkorps) compostos por varios tipos de carros de combate. Isto incluía un carro de infantería lento, armado cun canón de pequeno calibre e varias metralladoras. O carro de combate de infantería, segundo Guderian, estaría fortemente blindado para defenderse de canóns ati-carro e artillería inimiga. Tamén concebíu un carro de avance rápido, semellante ao Cruiser británico, que estaría blindado contra armas anti-carro inimigas e levaría un canón principal de 75mm. Por último, Alemaña precisaría un carro pesado, cun gran canón de 150mm para derrotar fortificacións inimigas, e cunha forte blindaxe. Dito carro de combate requeriría un peso de entre 70 e 100 toneladas e era completamente debido ás capacidades de fabricación da época[6].

Pouco despois da súa chegada ao poder, Adolf Hitler aprovou a creación das primeiras divisións panzer alemás. Simplificando a súa primeira proposta, Guderian suxeríu o deseño dun vehículo principal de combate que acabaría sendo o Panzer III, e dun carro de avance, o Panzer IV[7]. Como medida de emerxencia, o exercito alemán ordenou un vehícuo preliminar para adestrar ás tripulacións. Este sería o Panzer I[8].

Panzer I Ausf. A

O deseño do Panzer I pode trazarse dende o vehículo blindado de combate Landwirtschaftlicher Schlepper (La S) de 1932. O La S non foi pensado só para adestrar as tripulacións alemás, senón para preparar á industria para a produción de carros de combate en masa de cara o futuro próximo: unha fazaña difícil para a enxeñería do momento[9]. En xullo de 1932, Krupp revelou un prototipo do Landswerk Krupp A, ou LKA, cunha placa frontal inclinada e unha gran casamata central, un deseño fortemente influenciado pola tanqueta británica Carden Loyd. O carro estaba armado con dúas obsoletas metralladoras de 7,92mm MG-13 Dreyse[10]. As metralladoras eran coñecidas por ser bastante inútiles incluso contra as blindaxes máis lixeiras dos carros da época, relegando ao Panzer I ao adestramento e ao combate contra a infantería[11].

Unha versión producida en masa do LKA foi deseñada por un equipo formado por Daimler-Benz, Henschel, Krupp, MAN e Rheinmetall, cambiando a casamata pur unha torreta rotatoria. Esta versión foi aceptada en servizo despois de ser probada en 1934[12]. Aínda que eses carros foron referidos como La S e LKA despois do inicio da produción, a súa desinación oficial, asignada en 1938, foi Panzerkampfwagen I Ausführung. A ('modelo A' ou, máis exactamente, 'lote A')[13]. Os primeiros 15 carros, producidos entre febreiro e marzo de 1934, non incluían a torreta rotatoria e foron usados para adestramento de tripulacións[14]. Tras estes, a produción cambiouse á versión de combate do carro. O Ausf. A estaba moi pouco blindado, tendo unha placa de aceiro de só 13 milímetros na súa parte máis grosa. O vehículo tiña varios defectos de deseño, como problemas de suspensión que facían que o carro cabecease a altas velocidades, e sobrequencemento do motor[15]. O condutor estaba posicionado dentro do chasis e usaba pancas de dirección convencionais para controlar o carro, mentres que o comandante estaba situado na torreta onde tamén actuaba de artilleiro. Os dous tripulantes podían comunicarse por medio dun tubo de voz[16]. A munición da metralladora estaba almacenada en cinco arcóns, que contiñan varios cargadores de 25 proxectís. O autor Lucas Molina Franco suxire que se fabricaron 833 Panzerkampfwagen I Ausf. A en total[17], mentres que autores como Bryan Perrett di que foron 300[18] e Terry Gander 818 unidades[19].

Moitos dos problemas no Ausf. A foron corrixidos coa aparición do Ausf. B. O motor foi substituído Maybach NL 38 TR de 98 cabalos, cos seis cilindros e refrixerado por auga, e a caixa de cambios cambiouse por un modelo máis fiable. O motor máis grande precisaba que se aumentase o chasis 40 cm, e isto permitíu mellorar a suspensión do vehículo, engadíndolle unha roda adicional e elevando o tensor[20]. O peso do carro incrementouse en 0,4 toneladas. A fabricación do Ausf. B iniciouse en agosto de 1935 e rematou a principios de 1937. Franco escrbíu que se fabricaron 840 unidades[21], pero destaca que só 675 destes foron modelos de combate[22], mentres que Perrett fala dun total de 1.500 (compensando o baixo número de Ausf. A que propuxo)[18] e Gander dun total de 675[19].

Carros irmáns[editar | editar a fonte]

Foron deseñadas e producidas dúas versións máis de combate do Panzer I entre 1939 e 1942. Nesta etapa o conceto do deseño fora substituído polo dos carros medios e pesados, e non se fabricara ningunha variante en número suficiente como para ter un impacto real no progreso da guerra. Estes novos carros de combate non tiñan nada en común nin co Ausf. A e co B, agás polo seu nome[23]. Un destes, o Panzer I Ausf. C, foi deseñado entre Krauss-Maffei e Daimler-Benz en 1939 para proporcionar un carror lixeiro de recoñecemento ben blindado e armado. O Ausf. C contaba cun chasis e unha torreta completamente novos, unha suspensión de barra de torsión moderna e cinco rodas intercaladas[24]. Tamén tiña unha bindaxe máxima de 30 milímetros, máis do dobre que o Ausf. A ou B, e estaba armado cun semi-autocanón EW 141 de 20 mm, cun tambor de 50 proxectís. Fabricáronse corenta destes carros, cinto con sei prototipos. Dous vehículos despregáronse coa 1ª División Panzer en 1943, e os outros 38 co LVIII Corpo de Reserva Panzer durante o desembarco de Normandía[25].

O segundo vehículo, o Ausf. F, era tan distinto do Ausf. C como o foi tamén dos Ausf. A e B. Coa intención de ser un carro de combate de apoio á infantería, o Panzer I Ausf. F tiña unha bindaxe máxima de 80 milímetros e un peso entre as 18 e as 21 toneladas[26]. O Ausf. F estaba armado con dúas MG-34 de 7,92 mm. Fabricáronse 30 unidades en 1940, e unha segunda orde de 100 foi posteriormente cancelada. Para compensar o incremento de peso usouse un novo motor de 150 cabalos Maybach HL45 Otto, permitíndolle unha velocidade máxima en estrada de 25 quilómetros por hora. Oito dos trinta carros fabricados foron enviados á 1ª División Panzer en 1943 e combateron na batalla do Kursk. O resto foron entregados a varias escolas do exército para adestramento e avaliación[27].

Variantes[editar | editar a fonte]

Entre 1934 e mediados dos anos 40 deseñáronse distintas variantes do Panzer I, especialmente durante os últimos anos da súa historia operacional. Debido a que era un modelo obsoleto dende a súa introdución, incapaz de derrotar armaduras dos carros inimigos, e superado polos vehículos alemáns máis recentes, os chasis do Panzer I foron cada vez máis reutilizados como cazacarros e outras variantes. Unha das máis coñecidas foi o kleiner Panzerbefehlswagen ("pequeno vehículo de mando blindado"), dos que se fabricaron 200 a partir dos chásis Ausf. A e Ausf. B. O chasis Ausf. B tamén fo usado para construír o primeiro cazacarros do exército alemán con orugas, o Panzerjäger I. Este vehículo foi armado cun canón anti-tanque checo de 47 mm.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Guderian, Achtung-Panzer!, p. 133
  2. Gander, Tanks & Armour: Panzerkampfwagen I & II, pp. 6–7
  3. Perett, German Light Panzers: 1932–42, p.4
  4. 4,0 4,1 Franco, Panzer I: El Inicio de una Saga, p.3
  5. Franco, Panzer I: El Inicio de una Sage, p.3; Gander, Tanks & Armour: Panzerkampfwagen I & II, p.7
  6. Guderian, Achtung-Panzer!, pp.169–170
  7. Gander, Tanks & Armour: Panzerkampfwagen I & II, p. 9
  8. McCarthy, Panzerkrieg, p.31
  9. Franco, Panzer I, p. 4
  10. Franco, Panzer II, pp.4–5
  11. McCarthy, Panzerkrieg, p. 31
  12. Perett, German Light Panzers, p. 4
  13. Franco, Panzer I, pp. 5–6
  14. Franco, Panzer I, p.6
  15. Gander, Tanks & Armour: Panzerkampfwagen I & II, p. 10
  16. Perrett, German Light Panzers, pp.5–6
  17. Franco, Panzer I, p. 10
  18. 18,0 18,1 Perrett, German Light Panzers, p. 6
  19. 19,0 19,1 Gander, Tanks & Armour: Panzerkampfwagen I & II, p. 11
  20. Franco, Panzer I, pp. 21–21.
  21. Franco, Panzer I, p. 22
  22. Franco, Panzer I, p. 34
  23. Gander, Tanks & Armour: Panzerkampfwagen I & II, p. 14
  24. Franco, Panzer I, pp. 37–38
  25. Franco, Panzer I, p. 38
  26. Perrett, German Light Panzers, pp. 6–7. Perrett fala dun peso de 18 toneladas, aínda que Franco di que pesaba 21.
  27. Franco, Panzer I, pp. 38–39