Panzer 38(t)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Panzerkampfwagen 38(t)
Panzer 38(t) Ausf. S.jpg
Tipo carro de combate medio
Orixe Checoslovaquia Checoslovaquia
Servizo 1939 - 1945 (Alemaña nazi
Usado por Alemaña nazi Alemaña
Reino de Romanía Romanía
Bulgaria Bulgaria
Reino de Hungría Hungría
República Eslovaca Eslovaquia
Suecia Suecia
Suíza Suíza
Flag of Peru.svg Perú
Flag of Iran.svg Irán
Guerras Segunda Guerra Mundial, guerra peruano-ecuatoriana
Deseñado ČKD
Fabricante ČKD
Producido 1939 - 1942
Construídos 1.414 (para Alemaña)

O Panzerkampfwagen 38(t) foi orixinalmente un deseño carro de combate checo de antes da Segunda Guerra Mundial. Despois de que Checoslovaquia fose conquistada por Alemaña, foi adoptado polo exército alemán, participando nas invasións Polonia, Francia e Rusia. A súa produción rematou en 1942, cando o seu armamento demostrou ser pouco axeitado. En total fabricáronse máis de 1.400 unidades. O chasis continuou sendo producido para os cazacarros Marder III (1942-1944) e o Hetzer (1944-1945), para canóns de asalto sen torreta, canóns antitanque e canóns antiaéreos.

O (t) vén de "tschechisch", que en alemán significa checo; a desiganación checoslovaca era LT vz. 38. Entre as designacións de fabricación estaban TNH, TNHPS, LTP e LTH). A designación especial para o carro de combate en alemaña foi Sd.Kfz. 140.