Pantropía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Pantropía é un neoloxismo que apareceu por primeira vez no ámbito da ciencia ficción. Foi acuñado polo escritor estadounidense James Blish en 1957 nunha serie de relatos recompilados baixo o título de "Sementes Estelares" ("The Seedling Stars"). A palabra deriva do grego; παν, todo e τρoπή, transformación.

A pantropía aparece como alternativa ou para complementar o proceso de terraformación ou o de colonización espacial coa finalidade de poder adaptar a vida terrestre ós ambientes doutros planetas ou para que estes sexan menos esixentes canto as condicións ambientais alieníxenas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]