Palaemon longirostris

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Palaemon longirostris

Palaemon longirostris nunha caixa
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Subfilo: Crustacea
Clase: Malacostraca
Orde: Decapoda
Infraorde: Caridea
Superfamilia: Palaemonoidea
Familia: Palaemonidae
Subfamilia: Palaemoninae
Xénero: Palaemon
Especie: P. longirostris
Nome binomial
Palaemon longirostris
H. Milne Edwards, 1837 [1]
Sinonimia
Referencia:[2]
  • Astacus albescens Pennant, 1812
  • Leander edwardsi f. intermedia Czerniavsky, 1884
  • Leander edwardsi var. brevidigitata f. similis Czerniavsky, 1884
  • Leander edwardsi var. brevidigitata f. simplicior Czerniavsky, 1884
  • Leander edwardsi var. prototypa Czerniavsky, 1884
  • Leander longirostris var. robusta de Man, 1924
  • Palaemon edwardsii Heller, 1863
  • Palaemon garciacidi Zariquiey Álvarez, 1968
  • Palaemon longipes Fischer, 1872
  • Palemon longirostris H. Milne Edwards, 1837

Palaemon longirostris é unha especie de crustáceo malacostráceo da orde dos decápodos e familia dos palemónidos (Palaemonidae), un camarón moi semellante a outros do xénero Palaemon, como Palaemon adspersus, P. elegans, e P. serratus, que vive nas costas do Atlántico nororiental, desde as illas Británicas até Marrocos, e no Mediterráneo (até o mar Negro), que é obxecto de activa pesca comercial.[2]

A especie foi descrita en 1837 por H. Milne Edwards en: Milne Edwards, H. (1834-1840): Histoire naturelle des Crustacés, comprenant l’anatomie, la physiologie et la classification de ces animaux: 1-468, 1-532, 1-638, 1-32, Plates 1-42. París: Librairie encyclopédique de Roret, obra na que a identificou con Astacus albescens, que definira Thomas Pennant en 1812.

Nome galego[editar | editar a fonte]

Os profesores F. Lahuerta e F. X. Vázquez propoñen para esta especie o nome de camarón delta.[3]

Os nomes noutros idiomas, segundo este autores son:

  • Castelán: camarón delta
  • Francés: bouquet-delta
  • Inglés: delta prawn

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Costello, M. J., Emblow, C. & White, R. J. (eds.) (2001): European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. París: Muséum national d'Histoire naturelle. Collection Patrimoines Naturels, 50. ISBN 2-85653-538-0.
  • Holthuis, L. B. (1993): The recent genera of the Caridean and Stenopodidean shrimps (Crustacea, Decapoda): with an appendix on the order Amphionidacea. Leiden: Nationaal Natuurhistorisch Museum. ISBN 90-73239-21-4.
  • Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8.
  • Raabe, Charles & Linda Raabe (2008): "The Caridean shrimp: Shrimp Anatomy - Illustrations and Glossary".
  • Tavares, Carolina & Joel W. Martin (2010): "Suborder Dendrobranchiata Bate, 1888", en F. R. Schram, J. C. von Vaupel Klein, J. Forest & M. Charmantier-Daures (eds.) Treatise on Zoology – Anatomy, Taxonomy, Biology – The Crustacea. Volume 9A Eucarida: Euphausiacea, Amphionidacea, and Decapoda. Brill Publishers. ISBN 978-90-04-16441-3. PDF.

Outros artigos[editar | editar a fonte]