Palaemon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Palaemon é un xénero de crustáceos decápodos carideos, o tipo da famila dos palemónidos (Palaemonidae).

Características[editar | editar a fonte]

As especies deste xénero son camaróns que teñen a particularidade de presentaren un rostro ben desenvolvido na parte dianteira da cabeza, que non se encontra noutros xéneros de carideos, como as gambas. Outro detalle distintivo é a posición dos ollos, peduculados e moi diverxentes, mentres que as gambas téñenos máis próximos. Estes camaróns teñen pinzas, como os cangrexos, pero diminutas. O seu tamaño varía de 2 a 10 cm.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

O xénero foi descrito en 1795 polo entomólogo alemán Friedrich Weber na súa obra Nomenclator entomologicus secundum Entomologiam systematicum ill. Fabricii adjectis speciebus recens detectis et varietatibus. Chilonii et Hamburgii: C. E. Bohn. viii 171 pp. Ver en liña.

A circunscrición convencional deste xénero é probabelmente parafilética. Datos moleculares suxiren que o xénero Palaemonetes, así como os xéneros Exopalaemon e Couteriella, deberían incluírse en Palaemon. As afinidades filoxenéticas nestes grupos corresponden mellor coa orixe xeográfica das asignacións de xénero convencional.[3]

Especies[editar | editar a fonte]

Segundo Grave e Fransen, o xénero comprende as seguintes especies:[2]

Importancia económica[editar | editar a fonte]

Algunhas especies son obxecto de activa pesca en numerosos lugares do mundo, e son considerados como delicias gastronómicas.

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Palaemon Weber, 1795 en WoRMS.
  2. 2,0 2,1 De Grave & C. H. J. M. Fransen (2011). "Carideorum Catalogus: the Recent species of the dendrobranchiate, stenopodidean, procarididean and caridean shrimps (Crustacea: Decapoda)". Zoologische Mededelingen 85 (9): 195–589, figs. 1–59. ISBN 978-90-6519-200-4. Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2012. Consultado o 05 de xaneiro de 2013. 
  3. Christopher W. Ashelby, Timothy J. Page, Sammy De Grave, Jane M. Hughes & Magnus L. Johnson (2012). "Regional scale speciation reveals multiple invasions of freshwater in Palaemoninae (Decapoda)". Zoologica Scripta 41 (3): 293–306. doi:10.1111/j.1463-6409.2012.00535.x. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Costello, M. J., Emblow, C. & White, R. J. (eds.) (2001): European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. París: Muséum national d'Histoire naturelle. Collection Patrimoines Naturels, 50. ISBN 2-85653-538-0.
  • Holthuis, L. B. (1993): The recent genera of the Caridean and Stenopodidean shrimps (Crustacea, Decapoda): with an appendix on the order Amphionidacea. Leiden: Nationaal Natuurhistorisch Museum. ISBN 90-73239-21-4.
  • Raabe, Charles & Linda Raabe (2008): "The Caridean shrimp: Shrimp Anatomy - Illustrations and Glossary".
  • Tavares, Carolina & Joel W. Martin (2010): "Suborder Dendrobranchiata Bate, 1888", en F. R. Schram, J. C. von Vaupel Klein, J. Forest & M. Charmantier-Daures (eds.) Treatise on Zoology – Anatomy, Taxonomy, Biology – The Crustacea. Volume 9A Eucarida: Euphausiacea, Amphionidacea, and Decapoda. Brill Publishers. ISBN 978-90-04-16441-3. PDF.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]