Palíndromo (curtametraxe)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Palíndromo
Ficha técnica
DirectorEva Quintas Froufe
ProdutorNatalia Quintas Froufe
GuiónEva Quintas Froufe
IntérpretesLuís Iglesia Besteiro, Mariña Sampedro
MúsicaPiti Sanz
FotografíaXacobe González Álvarez
MontaxeJorge Fernández Pérez
Duración7 minutos
OrixeGalicia Galicia
Xénerocomedia
Orzamento13.810 €

Palíndromo é unha curtametraxe de Eva Quintas Froufe, rodada en 2007 en formato DVD en Pontevedra e Maceda.

reflicte a visión do mundo real e dos soños desde o punto de vista dunha nena de 10 anos.

Argumento[editar | editar a fonte]

Ana é unha rapaza de 10 anos que nunca logrou lembrar os seus soños. Na escola, logo de aprender o que son os números capicúa e as palabras que forman un palíndromo, comeza a obsesionarse coa palabra soños. Dálle pequenos agasallos aos seus amigos e amigas a cambio de que lle escriban os seus soños.

Nun pequeno maletín do que nunca se separa garda os papeliños cos soños dos demais. Xusto antes de comezar unha carreira de atletismo, o xuíz de pista dille que non pode correr co maletín. Tírao ao chan e ábrese, pero malia a desilusión inicial, logra gañar a carreira, e así comprende que non é necesario soñar para que se cumpran os soños.

Narración[editar | editar a fonte]

A historia, narrada pola propia Ana, está contada de forma palindrómica. Conta con moitas escenas visionadas de adiante para atrás e repetidas despois ao revés, e viceversa.

Os interiores están gravados no CEIP de Maceda. Os exteriores están rodados en Pontevedra, á beira do río dos Gafos e no CGTD.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]