Paio Soares de Taveirós

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Pai Soarez de Taveirós")

Pai ou Paio Soares de Taveirós ou foi un trobador da primeira metade do século XIII, descendente da baixa nobreza galega, sería irmán de Pero Velho.

Obra[editar | editar a fonte]

É o autor da célebre Cantiga da garvaia, inspirada en elementos latinos e mozárabes e que foi considerada durante moito tempo a primeira obra poética en galego-portugués aínda que na actualidade perdeu o seu estatuto de cantiga coñecida máis antiga en favor dunha obra do trobador João Soares de Pávia. É unha cantiga de amor chea de ironía, por iso moitos autores pasaron a considerala como unha cantiga satírica, o que provocou unha certa controversia entre os partidarios dun e doutro sentido da mesma, sobre todo no que se refire ao personaxe a quen vai dirixida, unha filla de Don Pai Moniz, que durante moito tempo se identificou con Dona María Pais Ribeiro, a célebre Ribeirinha, amante do rei portugués Sancho I, a pesar de que a existencia na época de varias personalidades chamadas Pai Moniz ou Paio Moniz, así cxomo a orixe galega de Paio Soares, parece debilitar esta hipótese.

Das que se teña constancia na actualidade é autor de 6 cantigas de amor, 3 cantigas de amigo[1] e 2 tenzóns con Pero Velho e Martin Soarez.

Notas[editar | editar a fonte]