Padua

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Padova")

Coordenadas: 45°25′N 11°52′E / 45.417°N 11.867°E / 45.417; 11.867

Padua
Padova (en italiano)
Padoa (en véneto)
Blason ville it Padoue.svg
Situación xeográfica
Padua en Italia
Padua
Padua
País Italia Italia
Rexión Véneto
Provincia Provincia de Padua
Xeografía
Altitude 12 msnm
Superficie 92,85 km²
Poboación
Poboación 214.125 hab. (2013)
Densidade 2.300 hab/km²
Información
Código postal 35100
Alcalde Ivo Rossi (PD)
Páxina web Páxina oficial de Padua

A cidade de Padua[1] (en latín Patavium, en italiano Padova, en véneto Padoa) é o centro económico e de comunicacións da rexión do Véneto, no norte de Italia. É asi mesmo a capital da provincia homónima, sobre o río Bacchiglione, a 40 km ao oeste de Venecia e a 29 km no sueste de Vicenza, cunha poboación de 211.985, en 2004.

A comuna de Padua esténdese por unha área de 92 km²2 e ten límites cos concellos de Abano Terme, Albignasego, Cadoneghe, Legnaro, Limena, Noventa Padovana, Ponte San Nicolò, Rubano, Saonara, Selvazzano Dentro, Vigodarzere, Vigonovo, Vigonza e Villafranca Padovana.

Padua é unha cidade cunha vinculación moi importante coa vida universitaria, dado que un terzo da súa poboación é estudante. A universidade, fundada en 1222, é unha das mes antigas de Europa e do mundo. Entre os seus profesores máis celebras destacan Galileo e William Harvey.

Monumentos[editar | editar a fonte]

En Padua hai moitos monumentos e lugares de interese artística. Entre eles destacan Prato della Valle, praza de época napoleónica coñecida pola súa amplitude, e a capela dos Scrovegni, polos frescos de Giotto, que constitúe unha das obras máis importantes deste pintor. Ademais, resultan agradables para una visita: a Basílica de San Antonio, patrón da cidade; o Palazzo della Ragione, sede do Goberno da cidade na Idade Media, que separa a Piazza delle Erbe (praza das Herbas) da Piazza della Frutta (praza da Froita); a igrxa dos Eremitani; o Palazzo Moroni, actual localización da casa do concello e a catedral.

Universidade[editar | editar a fonte]

Padua é famosa, tamén, pola súa universidade, unha das máis antigas de Europa e do mundo. Fundouse en 1222 e nas súas aulas ensinaron científicos tan célebres como Galileo ou William Harvey. Actualmente conta con máis de 60.000 estudantes.

Curiosidades[editar | editar a fonte]

Padua é coñecida por ser a cidade dos "tres sen":

  • "O santo sen nome", porque San Antonio, do cal é tradicionalmente popular a súa devoción, é comúnmente chamado "O Santo" por antonomasia, con especial referencia á Basílica homónima;
  • "O café sen portas", porque o monumental "Café Pedrocchi", histórico local da cidade, estaba antigamente aberto todo o día, tódolos días;
  • "O prado sen herba", porque o "Prato della Valle", espectacular "praza", a máis grande de Europa según algúns, estaba en realidade até finais do século XVIII, tempo no cal foi remodelada seguindo as pautas de Andrea Memmo para tomar a súa fisionomía actual, desprovista de herba.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Diciopedia do século 21. 3. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). Editorial Galaxia. 2007. p. 1546. ISBN 9788482893600.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]