Pacific Sun

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Pacific Sun (antigamente Sunflower Airlines e Sun Air) é unha empresa aérea establecida en Nadi, Fidxi. Dende 2007 é unha subsidiaria da Air Pacific.

Foto dun avión da antiga Sunflowers Airlines.
Boing 747-400 da Air Pacific, subsidiaria de Pacific Sun.

Historia[editar | editar a fonte]

Don Collingwood, un piloto e executivo, fundou a aeroliña que se acabaría coñecendo como Pacific Sun en 1980, baixo o nome de Sunflower Airlines, que máis adiante se convertería en Sun Air. Os seus comezos foron cun único Britten Norman BN2 Islander, efectuando a ruta Nadi-Taveuni. En xaneiro de 2007 a frota creceu ata os doce aparatos, e a compañía daba emprego a preto de 140 persoas.[1]O 31 de xaneiro de 2007 Sun Air foi transferida á compañía matriz actual, Air Pacific, que tivo que facer fronte a unha denuncia da súa competidora, Air Fiji, contraria á absorción.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Exquisite Fiji" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2018. Consultado o 25 de xuño de 2018.