Pablo Sarasate

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaPablo Sarasate

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinalPablo Martín Melitón de Sarasate y Navascués
Biografía
Nacemento10 de marzo de 1844 Editar o valor em Wikidata
Pamplona, España Editar o valor em Wikidata
Morte20 de setembro de 1908 Editar o valor em Wikidata (64 anos)
Biarritz, Francia Editar o valor em Wikidata
Causa da morteBronquite Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCemetery of San José (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónConservatorio de París Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoMúsica Editar o valor em Wikidata
Ocupacióncompositor , violinista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1852 Editar o valor em Wikidata -
Xénero artísticoRomanticismo Editar o valor em Wikidata
ProfesoresLambert Massart Editar o valor em Wikidata
AlumnosJosé Antonio Huarte (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
InstrumentoViolín Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
IrmánsFrancisca Sarasate Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm1120135 Spotify: 3L1iFJfRzE7yzilr2yGl6t iTunes: 319949 Last fm: Pablo+de+Sarasate Musicbrainz: 05f12d97-ecae-4fd6-bb03-53a4bd1322a8 Songkick: 360842 Discogs: 873814 IMSLP: Category:Sarasate,_Pablo_de Allmusic: mn0002176046 Find a Grave: 16615427 Editar o valor em Wikidata

Pablo Martín Melitón de Sarasate y Navascués, nado o 10 de marzo de 1844 en Pamplona (Navarra) e finado en Biarritz (Francia) o 20 de setembro de 1908, foi un violinista e compositor español de fama internacional e considerado como un dos grandes intérpretes da historia deste instrumento.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo do músico militar Miguel Sarasate Juanenay e Francisca Javiera Navascués Oacharena, tivo outras tres irmás: Maicaela, Francisca (escritora) e María. Recibiu as súas primeiras leccións de música da man dos seus pais. Comezou a tomar leccións de violín moi novo e con sete anos debutou no Teatro Rosalía de Castro da Coruña. Entre 1846 e 1849 estudou en Santiago de Compostela con José Courtier, primeiro violín da Catedral e profesor da Escola de Música da capital galega.

En 1852 trasladouse a Pontevedra, onde continuou os seus estudos musicais co músico local Urbano Casasvellas, sendo asiduo dos ensaios da banda do Rexemento Aragón que dirixía seu pai. En 1852, logo de escoitalo nunha sesión privada, Juana de Vega conseguiu que tocase en público uns días despois no Circo de Artesanos. A condesa de Espoz y Mina converteuse na súa protectora e sufragoulle tódolos gastos dos seus estudos en Madrid. Na súa lembranza, Sarasate adicoulle a súa primeira composición en 1858, titulada A miña primeira inspiración, unha mazurca. Unha vez na capital de España, a Raíña Isabel II concedeulle unha bolsa para ampliar os seus estudos en París.

Pensionado pola súa provincia natal, en 1856 ingresou no Conservatorio de París baixo a tutela de Jean-Delfin Alard. No transcurso da viaxe á capital francesa, ao pasar pola localidade de Biarritz, el e súa nai enfermaron e a súa nai morreu, quedando orfo aos 12 anos. No conservatorio parisiense gañou o premio de violín e solfexo en 1857. Terminados os seus estudos obtivo outro premio en Harmonía. En 1859 iniciou a súa carreira como concertista, percorrendo Europa e América. O seu rápido éxito como intérprete fíxoo descoidar os seus estudos de composición.

Faleceu na súa casa de «Villa Navarra» en Biarritz (Francia) o 20 de setembro de 1908 a consecuencia dunha anxina de peito aos 64 anos de idade.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]