Pablo Santos
Pablo Santos, nado o 9 de xaneiro de 1987 e finado o 15 de setembro de 2006, foi un actor mexicano.
Santos naceu en Monterrey, Nuevo León, á idade de 12 anos trasladouse a vivir coa súa familia os Ánxeles nos Estados Unidos. En 2000 comezou a interpretar papeis secundarios no cine e a televisión, a súa máis importante participación foi como o fillo da familia mexicanoamericana protagonista de Greetings from Tucson, que se transmitiu na canle WB de 2002 a 2003.
Despois de rematar a serie apareceu no filme Party Animalz (2004) e nas series Law & Order: Special Victims Unit e Boston Public. Era membro da Igrexa da Ciencioloxía ([1]).
O 15 de setembro de 2006, Santos morreu nun accidente aéreo preto do aeroporto de Toluca cando viaxaba de Monterrey a Acapulco para celebrar o Día da Independencia Mexicana con seis amigos nunha avioneta, unha Piper Malibu Mirage PA 46, que se estrelou mentres intentaba unha aterraxe de emerxencia.
Filmografía[editar]
- 2006 - Gettin' Some Jail Time.
- 2006 - Walkout.
- 2005 - Sea of Dreams.
- 2005 - Shackles.
- 2004 - Party Animalz.
- 2003 - Boston Public: Episode 1 "Chapter Sixty Seven" (serie de TV).
- 2003 - The Proud Family (serie de TV).
- 2002 - Law & Order: Special Victims Unit: Episodio "Angels" (serie de TV).
- 2002 - Greetings from Tucson (serie de TV).
- 2002 - Cojones.
- 2002 - Jeremiah: Episode "Red Kiss" (serie de TV).
- 2002 - American Family : Episode "Journey of Dreams" (serie de TV).
- 2002 - The Shield: Episode "Crash Boom Love" Parts 1 & 2 (serie de TV).
- 2001 - Alias: Episode "Doppelgänger" (TV Series).
- 2000 - The Weeping Woman of the River.
- 2000 - Resurrection Boulevard: Episode "Comenzando de Nuevo" (serie de TV).
Véxase tamén[editar]
Ligazóns externas[editar]
- Pablo Santos na IMDb (en inglés).
- Noticia da morte na Fox (en inglés)