Pablo Cobián Fernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaPablo Cobián Fernández
Biografía
Nacemento22 de marzo de 1962 Editar o valor em Wikidata (62 anos)
Oleiros, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Popular Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Pablo Cobián Fernández de la Fuente, nado en Oleiros o 22 de marzo de 1962, é un empresario e político galego do PPdeG.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Pablo Cobián naceu en Oleiros en 1962. Cursou os seus estudos nos Xesuítas e no Masculino da Coruña. Estudou inglés en Londres, onde deu os seus primeiros pasos profesionais. Ó seu regreso creou a súa propia empresa e completou a súa formación no negocio do seguro e asesoramento de empresas.

Militante de Novas Xeracións desde os anos setenta, foi candidato á alcaldía de Oleiros polo PPdeG en 2003 e 2007 e voceiro municipal do PPdeG. Dende 2007 foi deputado provincial. En 2009 foi elixido deputado do Parlamento de Galicia pola provincia da Coruña. O 4 de outubro de 2011 dimitiu como deputado e concelleiro de Oleiros, logo de que Jorge Dorribo, propietario de Nupel, o vinculase con supostos pagos ilegais, no marco da Operación Campión.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Dimite Cobián, diputado del PP, tras la denuncia por cobros ilegales de Nupel". Arquivado dende o orixinal o 06 de outubro de 2011. Consultado o 05 de outubro de 2011. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]