Pablo Arosemena Alba

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaPablo Arosemena Alba
Biografía
Nacemento24 de setembro de 1836 Editar o valor em Wikidata
Cidade de Panamá
Morte19 de agosto de 1920 Editar o valor em Wikidata (83 anos)
Cidade de Panamá
Cargos
Presidente de Panamá
Período5 de outubro de 1910 - 1 de outubro de 1912
AntecesorFederico Boyd
SucesorBelisario Porras Barahona
Datos persoais
País de nacionalidadePanamá Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado, xornalista e político
Partido políticoPartido Liberal de Panamá
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeMatilde Picón Herrera
Ramona Forte Zapata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata


Pablo José Merced de los Dolores Arosemena de Alba, nado na Cidade de Panamá, República de Nova Granada, o 24 de setembro de 1836 e finado no mesmo lugar o 29 de agosto de 1920, foi un avogado, xornalista e político, presidente de Panamá entre 1910 e 1912, concretamente presidente interino da República de Panamá en calidade de "Primeiro Designado, Encargado do Poder Executivo". Anteriormente foi presidente do Estado Federal de Panamá en 1875 e en 1885.

Biografía[editar | editar a fonte]

Nado como Pablo José Merced de los Dolores Arosemena de Alba, fillo de Pablo Arosemena de la Barrera (primeiro gobernador da provincia de Chiriquí) e de Ramona de Alba Bráximo.[1] Ao rematar os seus estudos en Colombia, regresou a Panamá en 1853 cando os estadounidenses construían o ferrocarril transístmico. En 1856 fundou o periódico "El Centinela" xunto con Gil Colunje. Tamén escribiu en "El Observador" e "El Combate". Desde os 19 anos participou no goberno colombiano con diversos cargos, entre eles secretario do Tribunal Superior de Panamá e deputado. Foi representante da Asemblea Lexislativa do Estado Soberano de Panamá en 1858, 1859, 1869, 1870, 1873 e 1885. Tamén foi fiscal da Cámara de Representantes e presidente do Estado Federal por dúas veces. Foi acusador ante o senado colombiano de Tomás Cipriano de Mosquera.

Casou o 27 de novembro de 1858, na Igrexa da Mercé, con Matilde Esperanza Picón Herrera, nada en Panamá o 17 de decembro de 1837, filla do coronel Francisco Picón González de Venezuela e de Josefa Herrera Pérez Dávila de Panamá. Deste matrimonio nacerían cinco fillos, o último en 1870 e pouco tempo despois morreu a súa muller con 33 anos, e quedou así viúvo cos seus fillos, o maior de once anos e a última de un ano e dous meses.

En 1872 foi nomeado Secretario da Legación Colombiana ante Inglaterra e Francia. Dous anos despois foi elixido senador da República. Tamén ocupou a Secretaría de Facenda e Tesouro, a de Interior e a de Relacións Exteriores, e foi ministro en Ecuador, Bolivia, Perú e Chile. En 1880 foi elixido terceiro designado do poder executivo dos Estados Unidos de Colombia e senador.

En 1885 casou con Ramona Forte Zapata, nada en Panamá en 1871, coa que tivo seis fillos. Ramona faleceu en 1908.

Arosemena non foi parte dos separatistas do 3 de novembro de 1903 e estaba oposto á separación, aínda que aceptou a nova situación. Tras a separación de Panamá de Colombia foi enviado con Manuel Amador Guerrero e Federico Boyd aos Estados Unidos a negociar o novo Tratado do Canal, encontrándose co Tratado xa asinado por Phillipe Bunau-Varilla. Ao regresar, presidiu a Asemblea Constituínte que elixiu a Amador Guerrero como primeiro presidente, e exerceu diversos cargos públicos antes de servir como presidente.

Elección como presidente interino[editar | editar a fonte]

Durante os breves meses do mandato de Carlos A. Mendoza axitáronse aspiracións na Asemblea Nacional. O Partido Liberal que a controlaba pensaba en escoller a Mendoza novamente como Primeiro Designado para o bieno 1910-1912, mais o Partido Conservador acudiu aos Estados Unidos na procura de apoios.

As presións estadounidenses fanse grandes contra Mendoza e por recomendación do ministro de Panamá en Washington, Carlos Constantino Arosemena, suxírese a elección de Pablo Arosemena, quen se encontraba en Chile como Ministro, como Primeiro Designado para substituír a Mendoza.

Presidencia (1910-1912)[editar | editar a fonte]

Asumiu a presidencia como "Primeiro Designado, Encargado do Poder Executivo" coa promesa de que non intentaría reelixirse, pois tiña un pacto de cabaleiros con Belisario Porras para apoialo nas eleccións de 1912. Case de inmediato empezaron as acusacións de nepotismo, uso desordenado do tesouro e mala utilización dos fondos públicos, até o punto que a Asemblea Nacional prohibiulle ao Executivo contratar empréstitos nos Estados Unidos. A mediados de 1911, fíxose evidente que Arosemena aspiraba á reelección en 1912.

Entre os logros do seu goberno destacou a conclusión dos edificios do Instituto Nacional, obra iniciada por José Domingo de Obaldía e continuada por Carlos Antonio Mendoza, do cal ditou regramentos de estudo. Outro dos maiores logros do seu goberno foi a iniciativa en 1910 de outorgarlle ao Banco Nacional a potestade de emitir papel moeda coñecido como o balboa.

Vida post-presidencial[editar | editar a fonte]

Retirouse da vida pública traballando como avogado da compañía do Ferrocarril de Panamá.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Pablo Arosemena continúa con la transición liberal". La Estrella de Panamá. 2 de decembro de 2011. Consultado o 13 de xullo de 2021. 
Presidente de Panamá

Segue a:
Federico Boyd
Pablo Arosemena Alba
Precede a:
Belisario Porras Barahona
Partido Liberal de Panamá