Pablo Antas Pereiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pablo Antas
Información persoal
Nome Pablo Antas Pereiro
Nacemento 15 de outubro de 1990 (33 anos)
Lugar de nacemento Monterroso
Altura 1,77 m.
Posición Centrocampista
Información de club
Club actual Compostela
Número 21
Carreira xuvenil
Monterroso
Lugo
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2009–2011 Lugo 32 (0)
2011–2012 Órdenes 30 (4)
2012–2013 Cerceda 28 (1)
2013–2017 Somozas 112 (10)
2017–2018 Bergantiños 36 (7)
2018–2019 Rápido de Bouzas 24 (1)
2019– Compostela 64 (6)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 15 de abril de 2022.
editar datos en Wikidata ]

Pablo Antas Pereiro, nado en Monterroso o 15 de outubro de 1990, é un futbolista galego. Xoga de centrocampista e o seu club actual é o Compostela.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Xogou na SD Monterroso nas categorías cadete e xuvenil, ata que se incorporou ao Club Deportivo Lugo, no que xogou o seu terceiro ano de xuvenil, para militar logo no primeiro equipo en segunda B, co que debutou da man de Quique Setién na tempada 2010-11.[1] Nas dúas seguintes tempadas xogou no Ordes e no Cerceda e en 2013 recalou na UD Somozas, con Michel Alonso de adestrador. Con este equipo participou do histórico ascenso á Segunda B na tempada 2013-14 tras ser campión de Terceira,[2] marcando ademais 6 goles, catro deles na fase de ascenso e anotando dous goles na eliminatoria decisiva fronte ao Tenerife B.[3][1] Xogou no Somozas catro tempadas e a continuación pasou polo Bergantiños e o Rápido de Bouzas, este último de Segunda B.

En xullo de 2019 foi fichado pola SD Compostela, da Terceira División.[1] Despois de que a pandemia por coronavirus paralizase a competición o Compostela foi declarado campión ao ocupar neses momentos a primeira praza, polo que xogou a fase de ascenso.[4] Pablo Antas anotou o gol decisivo na final disputada en Balaídos fronte ao Ourense CF, dándolle o ascenso ao club santiagués catro anos despois.[5]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Lugo
Somozas
Bergantiños
Compostela

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "El Compos consigue fichar a Pablo Antas para la próxima temporada" (en castelán). 9 de xullo de 2019. Consultado o 29 de xullo de 2020. [Ligazón morta]
  2. "El Somozas asciende a la Segunda B". La Voz de Galicia (en castelán). 23 de xullo de 2020. Consultado o 29 de xullo de 2020. 
  3. "El Somozas da la puntilla en Tenerife". Faro de Vigo (en castelán). 16 de xuño de 2014. Consultado o 29 de xullo de 2020. 
  4. "Así se resuelve la competición 2019/2020 en Tercera División". RFEF (en castelán). 25 de maio de 2020. Consultado o 29 de xullo de 2020. 
  5. Calvo, Naso (26 de xullo de 2020). "El Compostela ya está en Segunda B". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 29 de xullo de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]