Pablo Amo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pablo Amo
Información persoal
Nome Pablo Amo Aguado
Nacemento 15 de xaneiro de 1978 (46 anos)
Lugar de nacemento Madrid
Altura 1,86 m.
Posición Defensa
Carreira xuvenil
Sporting de Gijón
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1999–2002 Sporting de Gijón 85 (4)
2002–2009 Deportivo da Coruña 40 (4)
2006Valladolid (cedido) 0 (0)
2006–2007Recreativo (cedido) 18 (1)
2009–2010 Zaragoza 9 (0)
2010–2011 Panserraikos 15 (0)
2011–2012 Olympiakos Nicosia 6 (0)
Na rede
UEFA: 69451 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Pablo Amo Aguado, nado en Madrid o 15 de xaneiro de 1978, é un exfutbolista español. Xogaba de defensa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Entre 1999 e 2002 xogou no Sporting de Xixón. En 2002 chegaría ao Deportivo da Coruña, sendo cedido en dúas ocasións, ao Real Valladolid en 2006 e posteriormente ao Recreativo de Huelva (tempada 2006/2007). Na tempada seguinte, 2007/2008, destacou como xogador do Deportivo cando o adestrador deportivista Miguel Ángel Lotina fíxoo un fixo no seu esquema de cinco defensas, xogando 19 partidos como titular e marcando 3 goles.

Tras non renovar o seu contrato co Deportivo quedou libre ao finalizar a tempada e o 3 de agosto de 2009 foi fichado polo Real Zaragoza, co que debutou nun partido disputado o 29 de agosto no estadio de La Romareda contra o CD Tenerife, correspondente á primeira xornada de liga, no que disputou todo o partido e que rematou co resultado final favorable ao Real Zaragoza (1–0).

Recentemente foi contratado polo Panserraikos FC da liga grega.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]