Pablo Alborán
| Pablo Alborán | |
|---|---|
| Nome completo | Pablo Moreno de Alborán Ferrándiz |
| Alias | Pablo Alborán |
| Naceu | 31 de maio de 1989 (24 anos) |
| Orixe | Málaga, |
| Morreu | |
| Ocupación (s) | Músico |
| Xénero | Pop |
| Instrumento(s) | Voz, guitarra, piano |
| Tipo de voz | Solista |
| Selo(s) discográfico (s) | EMI Music |
| Relacionado con | Diana Navarro, Estrella Morente |
| Tempo en activo | 2010 - presente |
| Web | www.pabloalboran.es |
Pablo Moreno de Alborán Ferrándiz,[1] nado en Málaga o 31 de maio de 1989, e popularmente coñecido como Pablo Alborán, é un cantante español.
Índice |
Traxectoria[editar]
De pai malagueño —descendente de Francisco Moreno Fernández, primeiro Marqués de Alborán— e nai francesa, desde moi novo empezou a interesarse pola música e xa aos sete anos comezou a dar clases de piano no Ateneo de Málaga a cargo de Elena Otieva. Proseguiu os seus estudos de música con clases de guitarra clásica, guitarra flamenca e dous anos de guitarra acústica.[2] Os seus estudos seguiron completándose dando clases de canto con María Adela Merchán na súa cidade natal, e lírico con Alain Damas en Madrid.
A partir dos doce anos compón as súas primeiras cancións: 'Amor de Barrio' e 'Desencuentro', que se atopa no seu disco debut. A súa andaina artística empezouna da man dunha familia flamenca que actuaba nun restaurante de Málaga, quen lle bautizaron como "El blanco moreno". É aí onde actúa por primeira vez en solitario.
Finalmente e co paso dos anos, Pablo coñece ao produtor Manuel Illán. Gravou unha maqueta onde incluía unha versión do tema 'Deja de volverme loca' de Diana Navarro. Grazas a Illán esa versión chegou a oídos de Diana, quen mostrou un gran interese polo mozo e converteuse na súa madriña musical.
Pablo, entón, presentou un total de corenta cancións compostas por el para o proceso de selección do que sería o seu primeiro disco. Durante ese proceso Pablo colgou algunha das súas cancións en YouTube para darse a coñecer dunha forma próxima.[3] Deste xeito, foi escoitado por todo tipo de público, incluída a cantante Kelly Rowland quen quedou asombrada coa súa voz.[4][5] A partir de aí Pablo Alborán apareceu nas redes sociais e o boca á boca converteuse na súa mellor forma de promoción.
A mediados do mes de outubro de 2010 saíu á venda dixital o seu primeiro sinxelo, 'Solamente tú', co que empezou a soar nas radios nacionais. O 1 de febreiro de 2011 saíu á venda o seu primeiro disco, Pablo Alborán; desde a primeira semana lidera as listas de vendas en España,[6] converténdose ata en número un en iTunes.
Pablo Alborán comezou a súa primeira xira con banda ao completo o 27 de maio de 2011 en Madrid no Palacio de Vistalegre, e durante os meses seguintes percorreu a maior parte da xeografía española e varios países latinoamericanos, entre eles Arxentina, Chile e México.[7] En novembro dese mesmo ano publicou o seu segundo disco, En acústico, gravado en directo e en acústico coas cancións do seu primeiro álbum, incluíndo ademais dous novos temas e catro bonus track. 'Perdóname' foi o primeiro sinxelo deste traballo, que interpreta a dúo xunto á cantante portuguesa Carminho.[8]
O 9 de decembro de 2011 gañou o seu primeiro premio, o 40 Principales como Artista Revelación dese ano. O malagueño ademais colocou o seu álbum homónimo no número 3 dos máis vendidos en iTunes Store, e o seu sinxelo "Solamente tú" alcanzou o sétimo lugar en vendas no país.[9]
O 27 de decembro foi gañador da VII edición do Disco do Ano de TVE polo seu álbum de debut Pablo Alborán.[10] Na primeira semana de 2012, o seu álbum En acústico é disco de ouro en Portugal e alcanza o primeiro lugar do top de vendas nacional dese país.[11]
Discografía[editar]
Notas[editar]
- ↑ Moreno de Alborán é un único apelido, composto.
- ↑ Un talento que vén da Rede, en El País, 20 de xuño de 2010.
- ↑ O cantautor malagueño Pablo Alborán encherá a Sala Galileo de Madrid antes de publicar o seu primeiro disco, en 20 minutos, o 9 de xaneiro de 2011.
- ↑ Pablo Alborán debuta acompañado por Diana Navarro e Estrella Morente, en El Mundo, 10 de xuño de 2010.
- ↑ Pablo Alborán: debut de altura, en La Opinión de Málaga, 9 de xuño de 2010.
- ↑ Pablo Alborán e 'Solamente tú', a revelación musical deste 2011, en Qué!, 6 de febreiro de 2011.
- ↑ eluniversal.com.mx (4 de novembro de 2011). "Pablo Alborán e Lovato a dueto en Grammy Latinos". http://www.eluniversal.com.mx/notas/806445.html.
- ↑ europapress.es (15 de novembro de 2011). "Pablo Alborán: "As miñas mellores vacacións son encerrarme no meu estudo coa miña guitarra e o meu piano"". http://www.europapress.es/andalucia/sevilla-00357/noticia-pablo-alboran-mejores-vacaciones-son-encerrarme-estudio-guitarra-piano-20111115105508.html.
- ↑ pcworld.com.mx (9 de decembro de 2011). "iTunes Rewind 2011, o mellor do 2011 en iTunes". http://www.pcworld.com.mx/Articulos/19969.htm.
- ↑ diariosur.es (28 de decembro de 2011). "Pablo Alborán, disco do ano en TVE". http://www.diariosur.es/20111228/gente/pablo-alboran-disco-201112281125.html.
- ↑ afp.org.pt (10 de xaneiro de 2012). "Top Oficial da Associação Fonográfica Portuguesa". http://www.afp.org.pt/top.php?top=topalbuns&qano=2012&sem=1.