Países Cataláns - Països Catalans
| Països Catalans Países Cataláns |
|||||||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||||||
Os Países Cataláns (Països Catalans en catalán) son os territorios nos que os habitantes falan catalán, ou hai dereitos e deberes lingüísticos para os seus habitantes nesa lingua.
Inclúen territorios de catro estados lindeiros co Mar Mediterráneo: España, Francia, Italia e Andorra. Teñen unha extensión de 69.823 km², con 12,9 millóns de habitantes (2004).
Índice |
Política [editar]
Os Países Cataláns non están recoñecidos coma unha entidade política. De feito, atópanse fragmentados en diversas rexións con distintos graos de autonomía política, pertencentes a España, Francia, Italia e Andorra. Hai unha corrente política a cal propón a independencia dos Países Cataláns e a creación dun Estado catalán (ver Independentismo catalán). Algúns independentistas propoñen o uso do termo Cataluña para facer referencia á totalidade dos Países Cataláns, mais esta proposta non se adoptou dun xeito oficial.
Outras correntes políticas catalanistas usan o termo "Países Cataláns" coma sinónimo de "territorios de fala catalá", sen consideran que teñen que formar unha entidade política independente.
E hai outras correntes políticas que rexeitan directamente o uso do termo Países Cataláns e calquera proposta de unidade política destes territorios, considerándoos unha imposición de Cataluña sobre os outros territorios. Nos casos máis extremos, hai sectores que negan até a unidade da lingua catalá.
Límites [editar]
O territorio continental limita ao norte con Occitania, ao sur con Murcia, ao leste co mar Mediterráneo, e ao oeste con Aragón e Castela-A Mancha. As Illas Baleares e a cidade do Alguer, situada na illa de Sardeña tamén forman parte dos Países Cataláns.
División política e administrativa [editar]
Tradicional e administrativamente, os Países Cataláns inclúen os seguintes territorios:
- En España:
- Cataluña (Catalunya)
- Comunidade Valenciana (País Valencià)
- Illas Baleares (Illes Balears)
- Franxa de Aragón (Franja de Ponent).
- El Carche (el Carxe), en Murcia, onde se falou catalán logo dunha gran emigración de traballadores valencianos entre os séculos XVIII e XIX.
- Principado de Andorra (Principat d'Andorra)
- En Francia:
- Cataluña do Norte (Catalunya del Nord)
Lingua [editar]
A lingua propia dos Países Cataláns é o catalán que, informalmente, en moitos lugares ten o nome popular do xentilicio (como rosellonés, tortosí, etc.; só no País Valenciano o xentilicio ten rexoñecemento oficial: valenciano. Exceptúanse as bisbarras occidentais e meridionais do País Valenciano, onde se fala o castelán, e o Val de Arán e a Fenolleda, onde se fala o occitano. A lingua catalá é a única lingua oficial na Andorra, é oficial (de novo, logo dun longo paréntese, dende 1978) na Cataluña, xunto ao castelán; e tamén é oficial conxuntamente co castelán no País Valenciano e nas Illas Baleares. Non o é, en cambio, nos outros territorios.
Hai que ter en conta que para definir aos Países Cataláns non se teñen en conta os procesos de castelanización que se deron dende o século XIX até hoxe. Pola contra, acéptanse coma casteláns outras zonas que antes eran de lingua catalá, como é o exemplo de Orihuela.
|
|
|||||||||