Paíño gallado
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Paíño gallado | |||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Estado de conservación | |||||||||||||||
| Clasificación científica | |||||||||||||||
|
|||||||||||||||
| Nome binomial | |||||||||||||||
| Oceanodroma leucorhoa (Vieillot, 1818) |
|||||||||||||||
O paíño gallado (Oceanodroma leucorhoa) é unha ave da familia Hydrobatidae.
Características [editar]
Caracterízase pola súa cor semellante á do tisne, a súa mancha de cor branca na parte superior á cola, e polas súas pequenas dimensións: mide 20 cm de lonxitude, 45 cm de envergadura e pesa tan só 45 g.
Vive en alta mar, penetrándose só na costa para criar, e, aínda así, de noite. Durante as treboadas pode ser arrastrado a terra.
O seu niño é unha cavidade entre as rochas; un membro da parella chócao, mentres o outro está na mar. Só aniña unha vez ao ano, de abril a xullo, poñendo un único ovo.
Aliméntase de medusas, invertebrados mariños e restos de peixes.
Cría nas illas do noroeste de Europa. É propio do Océano Atlántico norte, mais escaso no mar do Norte.
Véxase tamén [editar]
Bibliografía [editar]
- Hume, Rob (2002). Guía de campo de las aves de España y Europa. ISBN 84-282-1317-8.