PS, I Love You

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

P.S. I Love You (en galego, P.D. quérote) é un libro que foi escrito pola escritora irlandesa Cecilia Ahern e que foi publicado no ano 2004.

Argumento[editar | editar a fonte]

Aviso: Esta sección pode revelar detalles da trama e/ou do argumento.

Holly Kennedy é unha moza americana que está profundamente namorada do seu marido, Gerry, un rapaz irlandés con quen pensaba pasar o resto da súa vida, pero o destino non llo permite. Gerry morre con tan so 35 anos, deixando a Holly totalmente destrozada. Pero el decidiu que Holly non ía a estar soa e déixalle unha serie de cartas escritas por el nos seus últimos meses de vida, e que irán axudando a Holly a superalo e sobre todo a non sentirse soa. Así ela tamén ira descubrindo cousas sobre si mesma, e sobre a súa familia e amigos.

Adaptación cinematográfica[editar | editar a fonte]

A adaptación cinematográfica deste libro, P.S. I Love You, foi estreada nos Estados Unidos o 21 de decembro do 2007. Está protagonizada por Hilary Swank no papel de Holly Kennedy e Gerard Butler no papel de Gerry. Tamén participan na película actores como Lisa Kudrow (coñecida mundialmente como Phoebe en Friends) ou Kathy Bates (Tomates verdes fritos).