Progresistas Vigueses

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «PROVI»)

Progresistas Vigueses foi un partido político de ámbito municipal vigués liderado por Manoel Soto Ferreiro. Nas eleccións autonómicas de 2001 formou parte da Democracia Progresista Galega e pouco antes das eleccións municipais do 2003 uniuse á Unión Galega de Agustín Arca Fernández. Obtivo 1 concelleiro nas eleccións de 1999 (o propio Manoel Soto) e 2 no 2003 (Manoel Soto e Agustín Arca). Trala morte de Agustín Arca ocupou o seu posto o mariñeiro e patrón de barco Xulio Alonso Vázquez. En 2004 integrouse no Partido Galeguista