PER

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

PER son as siglas de Price-Earnings Ratio: relación entre o prezo e beneficio dunha acción (BPA). Supón en definitiva cantos euros pagamos por cada euro de beneficio prometido por esa empresa. É ademais o inverso da rendabilidade esperada (beneficio entre prezo).

Tipos de interese e PER[editar | editar a fonte]

Sendo o inverso da rendabilidade, podemos descompoñer esta última fundamentalmente en dous: a rendabilidade libre de riscos (ou tipo de interese), e a prima de risco, e dicir, a prima que pide o investidor sobre o tipo de interese existente para cubrir o risco da inversión. Vese polo tanto que a maiores tipos de interese, maior será a rendabilidade esperada e por tanto menor será o PER que o investidor estará disposto a pagar. O mesmo sucede coa prima de risco, se o investidor ten unha maior aversión ó risco ou existen grandes tensións xeopoliticas, entón o PER deberá ser menor para que o investidor invista na compañía. Analogamente, uns tipos de interese baixos, presionarán ó alza o PER dunha empresa, pois o investidor espera unha rendabilidade total menor.

A influencia do crecemento esperado[editar | editar a fonte]

Mais o PER non é simplemente inversamente proporcional a rendabilidade que agarda o investidor, senón que tamén inflúe o crecemento esperado da empresa. De feito, son estas perspectivas de crecemento as que fan que unha acción cotice a un PER superior ao esperado pola súa rendabilidade teórica.

Así, á rendabilidade esperada temos que restarlle un factor de crecemento e polo tanto a maior crecemento esperado, maior será o valor do PER.

A influencia do crecemento, será maior en escenarios de tipos de interese baixos, pois o seu peso relativo fronte a rendabilidade e maior (menor tipo de interese, menor rendabilidade agardada).