Público

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Público
Logo Público.es.gif
Logotipo e cabeceira do diario dixital Público.es
Tipo Periódico dixital
Fundación 26 de setembro de 2007
Empresa editora Display Connectors, SL. Anterior: Mediapubli, do grupo Mediapro
Director Carlos Enrique Bayo (xuño 2012)
Directores anteriores:
Jesús Maraña (marzo 2010)
Félix Monteira (xaneiro 2009)
Nacho Escolar (setembro 2007)
Fundador Jaume Roures, Tatxo Benet e Toni Cases
Propieterios actuais:
Toni Cases (40%)
José Luis de Zárraga (10%)
José María Crespo (10%), administrador único
Emilio Arrojo (10%)
Mediacable Servicios de Producción SL (10%)
Multiax-Invera SL (10%)
Tatxo Benet (5%)
Jaume Roures (5%)
Redacción

Redactores: Ana Pardo de Vera, Anna Flotats, Christian González, Daniel del Pino, Eduardo Ortega, Henrique Mariño, Iñigo Aduriz, Jairo Vargas, Joan Losa, Jorge Otero, Jorge Yusta, Lucía Villa, Luis Giménez, Paula Díaz, Sergio León e Yeray Calvo. Becarios: Sabina Ortega, Virginia Uzal e Diego Represa.

Blogs e columnas de opinión: Moncho Alpuente, Joseba Anchotegui, Nazanín Armanian, Carlos Enrique Bayo, David Bollero, Jordi Calvo, Vicente Clavero, Boaventura de Sousa Santos, Juan Carlos Escudier, Tica Font y Pere Ortega, Eugenio G. Gascón, Luís García Montero, Alberto Garzón, Arturo González, Nekane Goñi, Jaume Grau, Lidia Falcón, Shangay Lily, Fernando Luengo, Víctor J. Hernández, Pablo Iglesias, Aníbal Malvar, Luís Matías López, Juan Carlos Monedero, Jorge Moruno Danzi, Vicenç Navarro, Gerardo Pisarello e Jaume Asens, Félix Población, Emir Sader, Eddy Sánchez, Rubén Sánchez, Tania Sánchez Melero, Alberto Sicilia, Juan José Téllez, David Torres, Juan Torres López, Juan Tortosa, Esther Vivas, etc.
Lingua Castelán
Ámbito Nacional
Prezo Acceso na web, gratuito
Tiraxe 7.592.279 lectores únicos ó mes (online)[1]
Na rede
Web

Público é un xornal español de pago editado en castelán (e catalán en Cataluña) e pertencente ó grupo Mediapro, presidido por Jaume Roures. O diario ten a súa sede en Madrid e é de ámbito español.

Historia e características[editar | editar a fonte]

O xornal viu a luz por primeira vez o 26 de setembro de 2007. O seu prezo de venda inicial foi de 0.50 euros de luns a xoves e de 1 euro os venres, sábados e domingos.

O seu logotipo é o nome completo do xornal tipografado en cor vermella acompañado á súa dereita da reprodución dunha acuarela de Miquel Barceló realizada para o xornal, que contén á parte de público a pé tamén unha bicicleta pública.

A orientación ideolóxica do diario encádrase dentro da esquerda e marca como obxectivos contribuír, a través da información e da opinión, a unha sociedade máis xusta, aberta, equitativa, solidaria e libre[Cómpre referencia].

O 3 de xaneiro de 2012 anunciou a súa creba técnica, suspensión de pagamentos, e concurso de acredores[2]. Naquela altura vendía 87.000 exemplares diarios e era lido por algo menos de 300.000 persoas.

Persoal[editar | editar a fonte]

O xornal estivo nun principio dirixido por Ignacio Escolar, sendo o subdirector Jesús Maraña e o director xeral Juan Pedro Valentín. En 2009 Escolar foi substituído na dirección polo ponferradino Félix Monteira, aínda que o primeiro seguiu a traballar para o xornal, onde mantivo unha columna de opinión e mais unha ligazón directa ao seu blog. En marzo de 2010 Monteira foi substituído por Jesús Maraña.

Os seus redactores xefes son Manuel Rico en Nacional, Íñigo Sáenz de Ugarte en Internacional, Amparo Estrada en Economía, Patricia Fernández de Lis en Ciencia, Nacho Rojo en Internet, Peio Hernández Riaño en Culturas e José Miguélez en Deportes.

A sección de Opinión contou con columnistas provenientes tanto do xornalismo como é o caso de Javier Ortiz, Manuel Saco ou Enrique Meneses, como do mundo da cultura como Rafael Reig, Espido Freire, Isaac Rosa, Camilo José Cela Conde, José Antonio Labordeta ou o Gran Wyoming.

Os viñetistas que colaboraron no xornal foron entre outros Mauro Entrialgo, Santi Orúe, Manel Fontdevila, Pepe Medina e Bernardo Vergara, todos eles colaboradores tamén da revista de humor El jueves.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]