Píllara papuda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Píllara papuda
Snowy Plover Morro Strand.jpg
Estado de conservación
Risco baixo (LC)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Charadriiformes
Familia: Charadriidae
Subfamilia: Charadriinae
Xénero: 'Charadrius'
Especie: ''C. alexandrinus''
Nome binomial
Charadrius alexandrinus
(L., 1758)
Subespecies

Véxase texto

A píllara papuda ou píllara das dunas (Charadrius alexandrinus), é unha pequena ave limícola pertencente á familia Charadriidae.

Atópase amplamente distribuída ocupando extensas áreas da Europa meridional, América, África e sur de Asia, acadando os 40ª de latitude norte e apenas sobrepasando o ecuador en África e Asia. En América chega ata a Patagonia.

A nivel galego atópase ameazada de extinción debido á alteración do seu hábitat.[1]

Na actualidade existen asociacións coma Anabam que loitan porque esta ave non desapareza dos areais galegos, levando a cabo proxectos de concienciación e protección dos areais nos que a píllara aniña.

Distribución[editar | editar a fonte]

Na Península Ibérica atópase distribuída por tódalas costas, sendo máis escasa no Cantábrico. Tamén cría nalgunhas localidades interiores. En Galicia aniña en toda a costa en escaso número, destacando as poboacións do Complexo dunar de Corrubedo e Baldaio, cunha ducia de parellas reprodutoras en cada zona. Gracias ás medidas de protección dos hábitats desta ave nas illas do Parque Nacional das Illas Atlánticas as poboacións desta ave nas illas estanse incrementando, especialmente nas Illas Cíes.[2] Estímase que ao longo da costa galega aniñan entre 60 e 65 parellas (DOMÍNGUEZ et VIDAL, 2002).[1]

Descrición[editar | editar a fonte]

A píllara papuda é unha ave pequena, cun tamaño semellante ao do merlo, pero máis estilizada. Mide uns 14 cm de lonxitude e 45 cm de envergadura. O seu peso vai dos 30 aos 50 g. A píllara é unha especie que presenta dimorfismo sexual: o macho ten a parte superior de cor crema, e a parte inferior de cor branca; as patas, o peteiro e a risca ocular son de cor negra. A femia é máis clara e carece de risca ocular negra.

Subespecies[editar | editar a fonte]

Coñécense cinco subespecies de Charadrius alexandrinus:[3]

Alimentación[editar | editar a fonte]

En canto á alimentación, aliméntase principalmente de pequenos invertebrados, mosquitos, escarabellos, moscas e, máis raramente, de pequenos moluscos.

Reprodución[editar | editar a fonte]

Charadrius alexandrinus

A píllara papuda reprodúcese en praias con dunas, lagoas e pouca vexetación. Adoita ser monógama e ten unha gran fidelidade ao lugar da posta. Esta adoita estar formada por 3 ovos, os cales son chocados durante 25 días polos proxenitores, facéndoo a femia polo día e o macho pola noite.

A posta da píllara ten lugar entre maio e xullo polo que esta se enfronta a un gran perigo: a coincidencia no tempo coa chegada do verán e os primeiros bañistas, polo que, como pon os seus ovos nun cunco na area, deixa de chocalos ante a posibilidade de intrusións na súa distancia vital. Os bañistas, inconscientemente, déitanse na area a tomalo sol, en ocasións durante horas, polo que a píllara non se achegará ao niño ate que pase o perigo, arrefriándose os ovos e perdendo a posta. Outras causas da perda da posta son o aplastamento dos ovos por algún camiñante ou a predación por outras especies coma as gaivotas patiamarelas, os corvos, as ratas e mailos cans que vagan ceibos pola praia.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 VARIOS, Guía das aves de Galicia, Ediciós Baía, A Coruña, 2004
  2. O aumento de píllaras papudas nas Cíes sorprende aos zoólogos Lavozdegalicia.es 15/5/2009, Consultada o 19/07/09
  3. Zoonomen. "Birds of the World -- current valid scientific avian names.". http://www.zoonomen.net/avtax/frame.html. Consultado o 19 de Xullo. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]