Pérez, o ratiño dos teus soños

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ficha técnica
Na rede
IMDB: tt0458076 Filmaffinity: 750226 Allocine: 176953 Rottentomatoes: m/perez_el_ratoncito_de_los_dientes Allmovie: v359007 Netlix: 70069784Editar o valor em Wikidata

Pérez, o ratiño dos teus soños (en castelán: Pérez, el ratoncito de tus sueños) é unha coprodución galega de animación dirixida por Juan Pablo Buscarini en 2006. Está producida por Castelao Productions, Filmax e Patagonik Film Group.

Continuando con outros éxitos galegos neste ámbito coma O bosque animado ou O soño dunha noite de San Xoán, O ratiño Pérez acadou unha grande aceptación e logrou o recoñecemento con galardóns coma o Premio Goya á mellor película de animación en 2006 e o premio á mellor película de animación 2007 no XIV Festival de Cine Latino de San Diego (Estados Unidos, 2007).

En Galicia a estrea da película non estivo exenta de polémica, xa que a Mesa pola Normalización Lingüística criticou o escaso número de salas de cine nos que a película se ofreceu en galego, unha das linguas, xunto con castelán, catalán e éuscaro, ás que foi dobrada.