Péptido similar ao glicagón 1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
GLP-1 e diabetes.

O péptido similar ao glicagón 1 (GLP-1) é unha hormona peptídica derivada do produto de transcrición do xene do proglicagón. A principal fonte de GLP-1 no corpo son as células L intestinais que secretan GLP-1 como hormona intestinal. As formas bioloxicamente activas do GLP-1 son: o GLP-1-(7-37) e o GLP-1-(7-36)NH2, os cales se orixinan polo corte selectivo da longa molécula do proglicagón.

A secreción de GLP-1 polas células L do íleo depende da presenza de nutrientes no lume do intestino delgado. Os secretagogos (axentes que causan ou estimulan a secreción) desta hormona inclúen os principais nutrientes como os carbohidratos, proteínas e lípidos. Unha vez que está en circulación, o GLP-1 ten unha vida media de menos de 2 minutos, debido á súa rápida degradación polo encima dipeptidil peptidase-4.

É unha potente hormona antihiperglicémica, inducindo unha estimulación da secreción insulina dependente da glicosa e suprimindo a secreción de glicagón. Esta acción dependente da glicosa é especialmente interesante porque, cando a concentración de glicosa está no seu rango normal no xexún, o GLP-1 xa non estimula a insulina para causar hipoglicemia. O GLP-1 parece restaurar asensibilidade á glicosa das células pancreáticas β, por medio dun mecanismo que posiblemente implica o incremento da expresión de GLUT2 e glicoquinase. Tamén se sabe que o GLP-1 inhibe a apoptose das células pancreáticas β e estimula a proliferación e a diferenciación das células β secretoras de insulina. Ademais, o GLP-1 inhibe a secreción e motilidade gástrica. Isto atrasa e prolonga a absorción de carbohidratos e exerce un efecto saciante.

Funcións fisiolóxicas[editar | editar a fonte]

O GLP-1 posúe varias propiedades fisiolóxicas que fan que (el ou os seus análogos) sexa suxeito dunha intensa investigación como un tratamento potencial da diabetes mellitus. [1][2][3] As funcións fisiolóxicas coñecidas do GLP-1 son:

Como evidencia do papel fisiolóxico do GLP-1 na secreción post-prandial de insulina, comprobouse que unha dose oral de glicosa desencadea un pico na concentración de insulina plasmática moito máis grande ca o obtido cunha dose intravenosa.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Diabetes and Intestinal Incretin Hormones: A New Therapeutic Paradigm" at medscape.com (slide 36)
  2. Toft-Nielsen M, Madsbad S, Holst J (2001). "Determinants of the effectiveness of glucagon-like peptide-1 in type 2 diabetes". J Clin Endocrinol Metab 86 (8): 3853–60. DOI:10.1210/jc.86.8.3853. PMID 11502823. 
  3. Meier J, Weyhe D, Michaely M, Senkal M, Zumtobel V, Nauck M, Holst J, Schmidt W, Gallwitz B (2004). "Intravenous glucagon-like peptide 1 normalizes blood glucose after major surgery in patients with type 2 diabetes". Crit Care Med 32 (3): 848–51. DOI:10.1097/01.CCM.0000114811.60629.B5. PMID 15090972. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • UTGlucagon - glp1 [1]
  • MeshName - Glucagon-Like+Peptide+1 [2]