Pé das Burgas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Pé das Burgas
en PDF
Autor/aFrancisco Álvarez de Nóvoa
OrixeGaliza
Linguagalego
Xénero(s)Relatos
EditorialBiblioteca Gallega
Data de pub.1896
FormatoCartoné artesanal; 18,5 x 11 cm
Páxinas194
editar datos en Wikidata ]

Pé das Burgas é unha colección de relatos en lingua galega escritos por Francisco Álvarez de Nóvoa publicada en 1896. Conta con vinte e tres relatos máis un texto introdutorio do propio autor.

Contos[editar | editar a fonte]

  • "O louco"
  • "Na costa"
  • "Que senón"
  • "Turuleque"
  • "A nai"
  • "A garda da morte"
  • "A posta dos corvos"
  • "Unha agonía"
  • "A horta embruxada"
  • "Os caneiros"
  • "A lámpada rosa"
  • "Chuvia"
  • "Soa"
  • "No Miño"
  • "Anémica"
  • "Abandonado"
  • "Unha frase"
  • "De Entroido"
  • "A codia"
  • "Redimido"
  • "¡Tanto ten!"
  • "O Paraíso"
  • "Paisaxe"
  • "A goleta"

Narración[editar | editar a fonte]

Pe das Burgas incluíuse na BG120.

Os relatos foron escritos entre 1895 e 1896, cando o autor contaba 22 anos. Na introdución Álvarez de Nóvoa defende a creación dunha Academia que unifique os criterios ortográficos da lingua. Utiliza un léxico culto, sen vulgarismos nin dialectalismos, ademais de empregar uns termos técnicos de ámbitos como o mariñeiro. Con todo, tamén usa neoloxismos propios de finais do século XIX, como os galicismos "corsé" ou "bibelot".

O autor usa a terceira persoa, cun narrador omnisciente que coñece mesmo os pensamentos dos personaxes. Emprega numerosas descricións, tanto da paisaxe (arquitectura popular, tempo atmosférico, vexetación, interiores...), como dos personaxes (roupas, físico...).

O espazo principal da obra déixase ver no título, habendo seis relatos urbanos ambientados na vila de Ourense. Con todo, tamén hai outros textos de ambientación mariñeira e rural, situados no val do río Ulla, a ría de Pontevedra (en Marín), O Incio, Sada ou a romaría dos Caneiros de Betanzos.

Edicións[editar | editar a fonte]

Publicouse por vez primeira en 1896 na Coruña por Andrés Martínez Salazar na Biblioteca Gallega. En 1988 Edicións Xerais de Galicia fixo unha edición revisada con notas de Valentín Arias e introdución de Méndez Ferrín. En 2002 saíu na colección Biblioteca Galega 120 de La Voz de Galicia. Estas dúas edicións recentes inclúen tamén o relato "A goleta", traducido ao galego por Heraclio Pérez Placer e publicado en 1895 no seu libro Contos da terriña.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]