Owl City

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Owl City
Owlcity.png
Owl City no 2009
Orixe Owatonna, Minnesota,
Estados Unidos Flag of the United States.svg
Período 2007-actualidade
Xénero(s) Synthpop, rock alternativo,electropop
Selo(s) discográfico(s) Universal Republic
Membros Adam Young
Na rede
www.owlcitymusic.com

Owl City é un proxecto musical de synthpop do músico estadounidense Adam Young. Iniciouse na carreira musical no 2007, en Owatonna, a súa cidade natal en Minnesota.

As influencias de Young son a música disco e a música electrónica europea. Despois de dous álbums independentes, Owl City gañou proxección no ano 2009, co primeiro álbum lanzado a través dunha discográfica, Ocean Eyes, que levou o artista á primeira posición na canle de radio estadounidense Billboard Hot 100 co seu sinxelo "Fireflies". "Fireflies" chegou ao máis alto das cadeas musicais dos Estados Unidos e do Canadá, alén de ter sido a canción máis baixada no iTunes nos Estados Unidos, e o álbum Ocean Eyes chegar aotop dez das emisoras estadounidenses. En decembro de 2009, recibiu o disco de ouro nos Estados Unidos. Ademais diso, a súa música “The Technicolor Phase” forma parte da banda sonora de Alicia no país das marabillas (filme), dirixido por Tim Burton.

Discografía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Discografía de Owl City.
Álbums de estudio
EPs

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]