Ovos Benedict

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ovos Benedict.
Unha variante: ovos Benedict con salmón.

Os ovos Benedict, (en inglés eggs Benedict) son un prato que consiste en dúas metades dun bagel, xeralmente cubertos con touciño afumado ou pastrami (ás veces coñecido como back bacon -canadense-, que en Estados Unidos se denomina "Canadian Bacon"), e ovos escalfados así como a moi popular salsa holandesa.

Orixe[editar | editar a fonte]

Existen diferentes posibles explicacións para describir a orixe dos ovos Benedict.

Nunha entrevista realizada na columna "Talk of the Town" do The New Yorker no ano 1942, o ano antes da súa morte,[1] Lemuel Benedict, un corredor retirado de Wall Street, reclamaba no luxoso Waldorf Hotel no ano 1894 encontrar a cura contra a resaca e para iso pediu: "buttered toast, poached eggs, crisp bacon and a hooker of hollandaise" (tostada con touciño, ovos escalfados e mollo holandés). Oscar Tschirky, o maître d'hôtel e coñecido como o lendario "Oscar of the Waldorf", impresionouse pola petición e pronto o incluíu no menú de almorzo, pero substituíu a tostada polo English bagel.[2]

Craig Claiborne en setembro do ano 1967 escribiu unha columna en The New York Times Magazine sobre a carta recibida por Edward P. Montgomery, un estadounidense que residía en Francia. Nela, Montgomery relataba que o prato foi creado polo comodoro E.C. Benedict, un banqueiro que morreu en 1920 aos 86 anos. Montgomery incluíu unha receita para os eggs Benedict, mencionando que lla ensinara súa nai, quen a recibiu de seu irmán, que era, á súa vez, amigo do comodoro.[3]

Mabel C. Butler de Vineyard Haven, Massachusetts nunha carta de novembro de 1967 impresa en The New York Times Magazine responde a Montgomery, contando a "verdadeira historia, ben coñecida polos parentes da esposa de Le Grand Benedict", de quen ela foi unha cliente. A historia reza así: "Mr. e Mrs. Benedict, cando vivían en New York a finais de século, comían cada venres en Delmonico's. Un día, a Sra. Benedict díxolle ao maitre d' hotel, "Non ten vostede hoxe algo novo e diferente para suxerirnos?" E el indicoulles ovos escalfados sobre unha tostada de bagels ingleses e unha tira de xamón, todo iso recuberto de salsa holandesa.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Benedict, Cutts. "Eggs Benedict New York: Feedback". Arquivado dende o orixinal o 01 de decembro de 1998. Consultado o 19 de novembro de 2012. 
  2. "Talk of the Town" da The New Yorker, 19 de decembro de 1942
  3. Claiborne, Craig (24 de setembro De 1967). "American Classic: Eggs Benedict". The New York Times Magazine. p. 290. Consultado o 19 de novembro de 2012. 
  4. "Letters: Benedicts' Eggs", Butler Mabel C.,The New York Times Magazine, 16 de novembro de 1967