Ourantes, Punxín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ourantes
Igrexa de San Xoán de Ourantes, Punxín.jpg
Igrexa de San Xoán
Concello Punxín
Área - km²
Poboación 114 hab. (2011)
Entidades de poboación 6

San Xoán de Ourantes (hidrónimo de orixe prerromana, da raíz *awer- co significado de 'mollar, humidecer, fluír')[1] é unha parroquia pertencente ao concello de Punxín, na comarca do Carballiño. En 2011, segundo o IGE, tiña 114 habitantes (55 homes e 59 mulleres).

Índice

Patrimonio [editar]

O castro de San Cibrao de Las é un poboado castrexo de grandes dimensións, coñecido como A Cidade. Estivo habitado desde o século II a.C. ata o século II d.C., e con posibles ocupacións esporádicas máis tardías.

A igrexa de San Xoán de Ourantes é un templo de orixe románica, moi modificado no século XVIII, principalmente no seu muro norte onde se lle adosou unha esvelta torre campanil barroca.

Lugares e parroquias [editar]

Lugares de Ourantes [editar]

Parroquias de Punxín [editar]

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Punxín

Barbantes (Santiago) | Freás (Santa María) | Ourantes (San Xoán) | Punxín (Santa María) | Vilamoure (Santo Estevo) | Vilela (Santa María)

Véxase tamén [editar]

Outros artigos [editar]

Notas [editar]

  1. Cf. Pokorny,J., Indogermanisches Etymologisches Wörterbuch, pp. 78-81