Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Otto Wilhelm Hermann von Abich
Otto Wilhelm Hermann von Abich (Berlín, 1806 — Viena, 1886) foi un xeólogo alemán. En 1842 foi nomeado profesor de mineraloxía na Universidade de Dorpat. Os seus estudos centráronse na xeoloxía e a mineraloxía do Cáucaso.
O mineral abichita (ou clinoclasa) leva o seu nome.
[editar] Publicacións
- Vues illustratives de quelques phenomenes geologiques, prises sur le Vesuve et l'Etna, pendant les annees 1833 et 1834. Berlín, 1836
- Ueber die Natur und den Zusammenhang der vulcanischen Bildungen. Brunswick, 1841
- Geologische Forschungen in den Kaukasischen Ländern. Viena, 1878, 1882 e 1887