Othar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Extensión do imperio huno durante o mandato de Atila

Othar era o nome do cabalo de Atila, quen viviu entre 406 e 453 e foi o último e máis poderoso rei dos hunos. Deste equino dicíase e aínda hoxe segue a ser unha sentenza coñecida, que alí onde pisaba non volvía medrar a herba. Othar acompañou a Atila ao longo do seu mandato, que destacou como un período de enorme expansión do imperio huno.