Osvaldo Ulloa Sánchez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Osvaldo Fernando Ulloa Sánchez (1954-2008) naceu o 21 de setembro de 1954 en Chile e foi pai de cinco fillos. Estudiou no Colexio Calazans dos Pais Escolapios. En 1982 viaxa a Nicaragua a coñecer a experiencia dos Talleres Populares de Poesía que leva a cabo o entón Ministro de Cultura Ernesto Cardenal. De volta en Chile participa na actividade cultural contra a ditadura e é encarcerado e relegado á localidade de Río Frío na zona austral do país. Membro do Movemento Contra a Tortura Sebastián Acevedo e xunto aos sacerdotes José Aldunate, Mariano Puga e o Bispo José Hourtón organizou encontros de Dereitos Humanos na Institución que dirixiu ata 1990, o Centro Ecuménico Monseñor Oscar Romero.

No ano 2004 o Informe Valech o recoñece coma vítima política e tortura co número 24735.

Traballou como profesor en diversas universidades do país impartindo materias tan variadas como estética, teoría dos relatos, redacción xornalística, semiótica, comunicación persuasiva,etc. Finou as 23:55 horas do domingo 27 de xullo de 2008 na Clínica Miraflores en Viña del Mar.

Ferramentas persoais
Espazos de nomes
Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas