Osvaldo Ulloa Sánchez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Osvaldo Ulloa»)


Infotaula de personaOsvaldo Ulloa Sánchez
Biografía
Nacemento21 de setembro de 1954 Editar o valor em Wikidata
Santiago de Chile Editar o valor em Wikidata
Morte2008 Editar o valor em Wikidata (53/54 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeChile Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , poeta Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoPoesía Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Osvaldo Fernando Ulloa Sánchez, nado o 21 de setembro de 1954 en Santiago de Chile e finado en 2008 en Viña del Mar, Chile, foi un escritor e activista polos dereitos humanos chileno.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi pai de cinco fillos. Estudou no Colexio Calazans dos Pais Escolapios. En 1982 viaxou a Nicaragua a coñecer a experiencia dos Talleres Populares de Poesía que levaba a cabo o entón Ministro de Cultura Ernesto Cardenal. De volta en Chile participou na actividade cultural contra a ditadura e foi encarcerado e relegado á localidade de Río Frío na zona austral do país. Foi membro do Movemento Contra a Tortura Sebastián Acevedo e, xunto cos sacerdotes José Aldunate, Mariano Puga e o Bispo José Hourtón, organizou encontros de dereitos humanos na institución que dirixiu ata 1990, o Centro Ecuménico Monseñor Oscar Romero.

No ano 2004 o Informe Valech recoñeceuno coma vítima política e de tortura co número 24735.

Traballou como profesor en diversas universidades do país impartindo materias como Estética, Teoría dos relatos, Redacción xornalística, Semiótica, Comunicación persuasiva, etc. Finou ás 23:55 horas do domingo 27 de xullo de 2008 na Clínica Miraflores, en Viña del Mar.