Osos Rivas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O equipo Osos de Rivas é un club deportivo adicado ó fútbol americano, fundado en 1989, que disputa a Liga Nacional de Fútbol Americano, competición que gañou en 2001. Non obstante, a competición na que os Osos tiveron unha actuación mais salientable é a Copa de España, que gañou 5 veces. O equipo xoga como local no estadio Cerro del Telégrafo, e visto con casco amarelo, camisola vermella e pantalóns brancos.

Os Osos Rivas son habituais dende hai moitos anos nas semifinais polo título da Liga Nacional de Fútbol Americano cos Badalona Dracs, Valencia Firebats e L'Hospitalet Pioners.

Palmarés[editar | editar a fonte]

  • Liga Nacional de Fútbol Americano (1) = 2001
    • Subcampión (3) = 1999, 2002, 2012
  • Copa Española de Fútbol Americano (5) = 2001, 2002, 2003, 2007, 2009
    • Subcampión (3) = 2004, 2006, 2008

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]