Osetia do Norte-Alania

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Республика Северная Осетия-Алания
(Respúblika Sevèrnaia Osètia-Alània)
Цӕгат Ирыстоны Аланийы Республикӕ
(Căgat Irystony Alanijy Respublikă)
Bandeira de Osetia do Norde-Alania Escudo de Osetia do Norde-Alania
Información
Capital: Vladikavkaz
Poboación

 - Total
 - Densidade de poboación


710.225 h. (2005)
88,8 hab/km²

Superficie 7.953 km²
Gobernador Taimuraz Màmsurov
Idiomas oficiais Ruso e oseto
Web Goberno
Mapa de Osetia do Norte-Alania na Rusia
Alania 10 12.png
North ossetia alania map.png

Osetia do Norte - Alania[1] (en ruso Респу́блика Се́верная Осе́тия–Ала́ния, Respúblika Sevèrnaia Osètia-Alània; en oseto Цӕгат Ирыстоны Аланийы Республикӕ, Căgat Irystony Alanijy Respublikă) é unha república caucásica da Federación Rusa. Ten unha extensión de 8.000 km² e unha poboación de 678.600 habitantes (2000). A súa capital é Vladikavkaz (en osetio Дзæуджыхъæу ("Dzæudjyqæu") «Vila (asentamento) dos Dzaus ou Dzaugas». Os osetas falan unha lingua próxima ó persa chamada oseto, alano ou iratí. Existe tamén en Xeorxia outra república de osetas denominada Osetia do Sur, ademais dalgún municipio ao sur de Xeorxia.

Véxase tamén: Osetia.

Historia[editar | editar a fonte]

Vista de Tsimiti, en Osetia do Norte.

Os alanos e a influencia de Bizancio[editar | editar a fonte]

O territorio de Osetia do Norte, unha rexión agrícola moi fértil e parte dunha ruta comercial clave a través das montañas do Cáucaso, estivo habitado durante moitos anos por tribos Vainakh. Os antepasados dos actuais osetas, os alanos, eran un pobo de lingua persa, nómades e belicosos, que se instalaron no Cáucaso arredor do século VII. Dous séculos máis tarde foron cristianizados polos misioneros bizantinos, e estableceuse o arcebispado de Alania Occidental, baixo a autoridade do Patriarcado de Constantinopla.

Alania foi asemade un reino forte no Cáucaso, que se beneficiou en grande parte da famosa Ruta da Seda cara á China, que pasaba a través do seu territorio. Dende a Idade Media, Alania foi moi codiciada polos seus inimigos e coñeceu numerosas invasións. As dos mongoles e dos tártaros no século XIII decimaron a poboación, que entón xa recibía o xentilicio de osetios (que ven a través da lingua xeorxiana e que pasa ao ruso, e de aí ao restos das linguas occidentais). No século XVII introduciuse o Islam. As incursións do Xanato de Crimea e do Imperio Otomán forzaron a Osetia/Iristán a unha alianza con Rusia no século XVIII.

Dominación rusa e era soviética[editar | editar a fonte]

En 1806 Osetia/Iristán era xa a primeira grande área do Cáucaso que vai estar baixo dominación rusa, iniciada coa fundación de Vladikavkaz como o primeiro encrave militar ruso.

A chegada dos rusos acelera o desenvolvemento da rexión, co establecemento de industrias e a construción de conexións viarias para rematar co illamento de Osetia/Iristán. A nomeada Estrada Militar de Xeorxia foi construída en 1799. De grande importancia foi tamén a construción dunha liña de ferrocarril entre Vladikavkaz e Rostov del Don(Rusia). A pesar da rusificación da cultura tradicional, a mellora das comunicacións vai estimular a cultura local: a finais do século XVIII imprimíronse os primeiros libros en osético. A mediados do século XIX Osetia/Iristán pasou a formar parte da rexión rusa de Terskaia. Trala Revolución Rusa, Osetia do Norte forma parte da efémera República Soviética de Montaña (1921). O 7 de xullo de 1924 converteuse no oblast autónomo de Osetia do Norte e, o 5 de decembro de 1936, na República Socialista Soviética Autónoma de Osetia do Norte, dependente da República Socialista Federativa Soviética de Rusia.

Na Segunda Guerra Mundial, a capital Vladikavkaz resistiu o ataque dos nazis e marca o estremo oriental da invasión. En 1944, Osetia do Norte incorporou o distrito de Prigorodni, á dereita do río Terek, que formara parte da RSSA de Chechenia-Inguxia, coa consecuencia de deportacións masivas de chechenos e Inguxios que Stalin ordenou baixo a acusación de colaborar cos nazis. Co posterior retorno dos exiliados, o conflito territorial polo distrito de Prigorodni mantívose ata a actualidade.

Trala URSS[editar | editar a fonte]

A disolución da Unión Soviética trouxo tensións étnicas entre os osetas, que víronse divididos entre a República de Osetia do Norte - Alania (1991), na Federación Rusa, e Osetia do Sur, en territorio de Xeorxia. En decembro de 1990 Xeorxia aboliu a autonomía de Osetia do Sur, provocando unha fuxida de poboación local cara a Osetia do Norte, acentuando as tensións étnicas cos inguxios no distrito de Prigorodni. O conflito na veciña Chechenia tamén ten afectado bastante a Osetia do Norte, como se puxo de manifesto no asalto á escola de Beslan con máis de 300 vítimas civís.

Demografía[editar | editar a fonte]

  • Poboación: 710,275 (2002)
    • Urbana: 464,875 (65,5 %)
    • Rural: 245,400 (34,5 %)
    • Masculina: 336,035 (47,3 %)
    • Feminina: 374,240 (52,7 %)
  • Grupos étnicos

A poboación oseta da república é fundamentalmente cristiá cunha minoría musulmá.

Segundo o Censo ruso (2002), os osetas son o 62.7% da poboación da república. Outros grupos inclúen ós rusos (23.2%), inguxios (3.0%), armenios (17,147, o 2.4%), kumyks (12,659, o 1.8%), xeorxiáns (10,803, o 1.5%), ucraínos (0.7%), chechenos (3,383, o 0.5%), e outras minorías cada unha delas de menos do 0.5% do total da poboación; na que hai que incluir os digoreses do distrito de Digora. 3,283 persoas (0.5%) non indicaron nacionalidade no censo.

censo 1926 censo 1939 censo 1959 censo 1970 censo 1979 censo 1989 censo 2002
Osetas 128,321 (84.2%) 165,616 (50.3%) 215,463 (47.8%) 269,326 (48.7%) 299,022 (50.5%) 334,876 (53.0%) 445,310 (62.7%)
Rusos 10,063 (6.6%) 122,614 (37.2%) 178,654 (39.6%) 202,367 (36.6%) 200,692 (33.9%) 189,159 (29.9%) 164,734 (23.2%)
Inguxios 23 (0.1%) 6,106 (1.9%) 6,071 (1.3%) 18,387 (3.3%) 23,663 (4.0%) 32,783 (5.2%) 21,442 (3.0%)
Ucraínos 10,301 (6.8%) 7,063 (2.1%) 9,362 (2.1%) 9,250 (1.7%) 10,574 (1.8%) 10,088 (1.6%) 5,198 (0.7%)
Outros 3,727 (2.4%) 27,806 (8.4%) 41,031 (9.1%) 53,251 (9.6%) 58,051 (9.8%) 65,522 (10.4%) 73,591 (10.4%)

Subdivisión administrativa[editar | editar a fonte]

A parte da capital Vladikavkaz, baixo xurisdición da república, Osetia do Norte está dividida nos seguintes distritos e as correspondentes capitais administrativas:

Economía[editar | editar a fonte]

Malia ter o peso económico de acoller unha poboación de refuxiados importante, Osetia do Norte é a economía máis desenvolvida do Cáucaso Norte. É o territorio máis urbanizado e máis industrializado, con fábricas de metais (chumbo, cinc, tungsteno, etc...), electrónica, produtos químicos e alimentos. A produción rural baséase sobre todo no gando, especialmente ovellas e cabras, e no cultivo de gran, froita e algodón.

Notas e referencias[editar | editar a fonte]

  1. Diciopedia do século 21. 3. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). Editorial Galaxia. 2007. p. 1529. ISBN 9788482893600. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Osetia do Norte-Alania