Osasco
|
|
|||
| Estado | São Paulo | ||
| Área | 66 km² | ||
| Poboación | 701.012 (est. 2007) | ||
| Altitude | 760 m sobre o nivel do mar | ||
| Latitude | 23°31'52" S | ||
| Lonxitude | 46°46'30" O | ||
| Distancia de São Paulo | 16 Km | ||
| Código postal (CEP) | 06000-000 | ||
| Administración local | Prefeitura Municipal de Osasco - Av. Bussocaba, 300 - Centro | ||
| Internet | http://www.osasco.sp.gov.br | ||
| Alcalde (Prefeito) | Emidio Pereira de Souza | ||
| A cidade no estado de San Paulo | |||
|---|---|---|---|
Osasco é unha cidade da rexión metropolitana de San Paulo, situada a 16 km da capital paulista. Ata 1962 foi un barrio da cidade de Sao Paulo, pero nese ano emancipouse despois de un plebiscito. Ligase á capital por diversas rúas e avenidas, ademais de unha liña de ferrocarril e de dúas estradas modernas que tamén a ligan ao interior do estado, a Anhangüera e a Castelo Branco.
Ademais de ser cidade-dormitorio para unha parte de súa poboación, é tamén unha cidade industrial, comercial e de servizos, na cal moitas persoas da capital e de cidades veciñas traballan. Nela están as sedes de unha grande emisora de televisión brasileira, o SBT (Sistema Brasileiro de Televisão), e do máis importante banco privado brasileiro, o Banco Brasileiro de Descontos S/A - Bradesco.