Os novos
| The Young Ones | |
|---|---|
| Formato | Comedia de situación, comedia alternativa |
| Creado por | Rik Mayall Lise Mayer Ben Elton Alexei Sayle |
| Intérpretes | Adrian Edmondson Rik Mayall Nigel Planer Christopher Ryan Alexei Sayle |
| País de orixe | |
| Lingua(s) | Inglés |
| Número de episodios | 12 (2 tempadas) |
| Produción | |
| Duración | 35 minutos |
| Emisión orixinal | |
| Canle de orixe | BBC2 |
| Tempo de emisión | 9 de novembro de 1982 – 19 de xuño de 1984 |
Os novos (título orixinal en inglés: The Young Ones) é unha comedia de situación británica que se emitiu entre 1982 e 1984 na BBC Two. O seu humorismo anárquico e inconformista axudou a desenvolver a comedia alternativa na televisión da década de 1980 e converteu en coñecidos aos seus actores e guionistas. Foi traducida ao galego por Lois Pereiro na súa primeira dobraxe, e por María Alonso na segunda emitida na TVG.
Índice |
Características [editar]
Os protagonistas principias son catro estudantes que comparten unha casa, un violento fan do metal punk Vyvyan, interpretado por Adrian Edmondso, o fachendoso anarquista Rick (Rik Mayall), o hippie Neil (Nigel Planer) e o sofisticado Mike (Christopher Ryan). Tamén intervén Alexei Sayle, interpretando ao caseiro, Jerzy Balowski, e a outros membros da familia Balowski. Ambientada no norte de Londres, aínda que a maioría dos exteriores graváronse en Bristol. Cada episodio incluía un segmento musical no que actuaban na casa ou na rúa grupos convidados.
Na serie combínase o estilo tradicional dunha comedia de situación co slapstick violento, o absurdo e o surrealismo mesturados con esteotipos das clases traballadores e baixas británicas.
Capítulos [editar]
Primeira tempada [editar]
- Demolición
- Petróleo
- Aburrimento
- A bomba
- Interesante
- Asolagamento
Segunda tempada [editar]
- Bambi
- Efectivo
- Noxento
- Tempo
- Doentes
- Vacacións de verán