Os nenos
Os nenos | |
---|---|
Primeira edición con correccións manuscritas. | |
Autor/a | Xosé Filgueira Valverde. |
Ilustrador/a | Luis Pintos Fonseca. |
Cuberta | Castelao |
Orixe | España |
Lingua | Galego |
Xénero(s) | Prosa literaria: relatos breves |
Editorial | Lar [1] |
Data de pub. | setembro de 1925 |
Páxinas | 30 |
ISBN | 978-84-92923-61-8 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Os nenos, é unha colección de relatos breves do pontevedrés Xosé Filgueira Valverde, publicada en 1925 por Lar.
Descrición[editar | editar a fonte]
É a primeira obra de narrativa de Filgueira, con ilustración e as letras capitulares en linóleo de Luis Pintos Fonseca, e cuberta e contracuberta de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.[2]
“ | Entre o pazo de Briáns i-o de Brandobre, os Témes i-os Mariños fixéran unha fonte no adral da eirexa... | ” |
—XFV, comezo de Os nenos |
Os relatos de Os nenos volveron aparecer, publicados por Editorial Galaxia en 1971, formando parte do libro Quintana viva.
Contido[editar | editar a fonte]
Está composta por quince relatos, que, daquela, non levaron título, porén si foron titulados cando reapareceron en Quintana viva (1971):
“Xenreira” |
“Medo” |
Reedición[editar | editar a fonte]
En abril de 2015, co gallo de adicárselle ao autor o Día das Letras Galegas dese ano, o Consello da Cultura Galega, do que o profesor Filgueira fora presidente, reeditou Os nenos, en edición facsímile, con limiar de Ramón Villares, os estudos críticos "Un latexar pola causa galega" de Fina Casalderrey (literario), "Filgueira Valverde e Pintos Fonseca" de Miguel Fernández-Cid (artístico) e sete ilustracións de David Pintor, sumando arredor dun cento de páxinas.[3]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Impreso na Casa Antúñez, en Pontevedra. Custaba oito reás.[1]
- ↑ Ánxel Casal, un editor para un país Consello da Cultura Galega, 2007.
- ↑ "Reeditan "Os nenos", de Filgueira Valverde, ..." Faro de Vigo, 11/4/2015.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Os nenos, en PDF (2015) CCG (descarga directa, 2 MB, non inclúe as ilustracións de David Pintor). ISBN 978-84-92923-61-8.